Chan da Armada

Chan da Armada

Mámoa situada en Marín, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A cámara, de planta poligonal, está formada por sete chantas imbricadas e inclinadas cara ao interior da cámara. En 1975, cando a investigaron Antonio de la Peña Santos e Antón A. Rodríguez Casal, non tiña lousa de cobertura; sen embargo, posteriormente, apareceu sobre a anta unha lousa de cobertura da que non hai certeza que sexa a orixinaria. O corredor, orientado cara ao O, consta de seis chantas sen cubrición. A dimensión total é de 4,20 m no seu eixe maior, dos que 2,30 m son do corredor, e de 2,30 m no eixe menor. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: catorce puntas de frecha de base triangular, dúas láminas de sílex, dúas machadas de sección cadrada, catro bólas de pedras e arxila, un percusor, fragmentos cerámicos e ocre.

Palabras veciñas

Chan | Chan | Chan | Chan da Armada | Chan da Arquiña | Chan de Castiñeiras | Chan de Razo