"Romania" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Academia romanesa fundada no ano 1948 en Bucarest a partir da reorganización da Academia Român ǎ , creada en 1866 co nome de Societatea Literara Român ǎ , e das academias de ciencias e de medicina. Mantén unha estreita ligazón coa produción industrial e agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ninfomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1881-1914) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen. Coa axuda de Napoleón III e coa oposición de Rusia, Turquía e Austria, foi elixido príncipe en 1866. Aproveitou a guerra ruso-turca de 1877 para independizarse de Turquía e proclamarse rei. Durante a Primeira Guerra Mundial mantívose neutral a pesar da actitude favorable aos aliados do consello da coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1930-1940). Desherdado polo seu pai Fernando I, os seus dereitos foron entregados ao seu fillo Miguel en 1926, pero o 8 de xuño de 1930 impúxose como rei. Practicou unha política de alianzas cos estados centroeuropeos e balcánicos. En 1938 disolveu as organizacións políticas e promulgou unha Constitución de carácter autoritario. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial viuse forzado a ceder territorios á URSS, Hungría e Bulgaria, feito que provocou o seu descrédito. Hitler obrigouno a abdicar en favor do seu fillo Miguel o 6 de setembro de 1940.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno mental do individuo dominado polo impulso obsesivo de quedar en lugares pechados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso obsesivo cara ás materias fecais e aos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso sexual esaxerado. No caso das mulleres recibe o nome específico de ninfomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo morboso de tomar éter como un estimulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1914-1927), fillo segundo do príncipe Leopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen. En 1889 foi designado herdeiro polo seu tío Carlos I. Malia a súa orixe xermánica, na Primeira Guerra Mundial loitou ao lado dos aliados (1916-1918) e coa vitoria obtivo Transilvania, Bessarabia, Bukovina e case todo o banato de Temesvâr. Trala guerra fixo unha política de reconstrución e emprendeu unha reforma agraria (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1927-1930 e 1940-1947) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen, fillo de Carlos II e de Helena de Grecia. Sucedeu a seu avó Fernando I, que desherdou o seu pai. Pero, en 1930, o seu pai derrocouno e proclamouse rei (Carlos II). Converteuse en príncipe herdeiro ata que foi proclamado rei en 1940 e tivo que aceptar a imposición dun goberno pro-nazi. Ocupado o país polos rusos, estes impuxéronlle un goberno comunista e tivo que abdicar en 1947 e exiliarse. Reside en Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monomanía caracterizada pola tendencia a provocar incendios.

    2. Atracción patolóxica polo lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área xeográfica dos pobos de civilización latina ou onde se fala algunha lingua derivada do latín. Desde Friedrich Christian Diez adoita dividirse en Romania Occidental e Romania Oriental. Walther von Wartburg sinala como fronteira de ambas as dúas unha liña que vai desde La Spezia ata Rimini. A primeira, situada ao N e ao O desa liña, sonoriza as oclusivas xordas intervocálicas (AMĪCA > gal, port, cat e cast amiga) e mantén o -s final (DŬŌS > gal dous, port dois, cat dos e cast dos); a Romania Oriental, que comprende os territorios situados ao L e S desa fronteira, conserva as oclusivas intervocálicas sen sonorizar (ital amica) e perde o -s final (ital due).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que designaba ao Imperio Bizantino durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL de Europa situado entre Bulgaria ao S, o Mar Negro, Ucraína e Moldavia ao L, Ucraína ao N, e Hungría e Serbia e Montenegro ao O (238.391 km2; 21.680.974h [2000]). A súa capital é Bucarest.
    Xeografía física
    Romanía é o país dos Cárpatos, que a atravesan formando un gran S que culmina no Negoiu a 2.544 m de altitude. Distínguense tres grandes unidades: a montaña carpática, os altiplanos e as chairas. Os Cárpatos están formados por un gran núcleo central cristalino cuberto por formacións volcánicas e sedimentarias de flysch, que estivo intensamente afectado polos movementos tectónicos, polo que presenta numerosas depresións e concas. A zona de altiplanos atópase a ambas as dúas vertentes da cordilleira. Na vertente interna está o altiplano de Transilvania, que ocupa o centro do país e está formado por unha serie de niveis de aplanamento e por unha cubeta sedimentaria que os afluentes do Tisza...

    VER O DETALLE DO TERMO