"Romanov" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Princesa e escritora. Comezou a publicar baixo o pseudónimo de Unha muller rusa e foi responsable da saída do prelo do primeiro gran dicionario de ruso. Contribuíu á entronización de Catarina II, foi directora da Academia Rusa de Ciencias (1783) e fundadora da Academia Rusa da Lingua. Colaborou na revista Nevinnoje upražnenije. Tamén escribiu Memoirs of the Princess Dashkow Written by Herself (Memorias da princesa Dashkow escritas por ela mesma, 1840), obra escrita orixinariamente en francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Dedicouse á carreira militar e á política. Entre as súas obras cómpre destacar Starina i novizna (O vello e o novo, 1773), Oda K Felica (1782), Bog (Deus, 1784) e Vodopad (Fervenza, 1791 -1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo e psicólogo ruso. Membro da Academia de Ciencias Pedagóxicas da antiga URSS, continuou a obra de Vigockij e estudiou as relacións entre o cerebro e as funcións superiores do home, especialmente a linguaxe. Da súa produción destacan O cerebro do home e os seus procesos psíquicos (1963), Fundamento de neuropsicoloxía (1973) e Linguaxe e consciencia (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia que deu nome a unha dinastía que reinou en Rusia desde 1613 ata a Revolución Rusa en 1917. O xefe da liñaxe foi Andrej Ivanovič Kobyla ou Kambila, un boiardo moscovita do reinado do gran príncipe Iván I de Moscova (1304?-1341). O seu bisneto Zakharija foi avó de Roman Jurevič (?-1543), e os descendentes deste apelidáronse Romanov. A filla de Roman, Anastasia Romanov (?-1560), foi a primeira muller do Tsar Iván IV de Rusia e irmá de Nikita Romanov (?-1585), que foi presidente do Consello de Rexencia do Tsar Teodoro I. En 1613 o seu neto Mikhail F’odorovic Romanov foi elixido tsar co nome de Miguel III de Rusia. Este foi sucedido polo seu fillo Aleixo I de Rusia , e este polo seu fillo Teodoro II de Rusia , cuxa morte provocou as disputas do trono dos seus fillos, Iván e Pedro. Unha asemblea nacional, o Zemskij sobor, elixiu a Pedro I de Rusia como novo tsar, pero...

    VER O DETALLE DO TERMO