"Romualdo" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1867). Trasladouse a Lugo onde comezou a editar La Idea moderna, deixando a súa dirección pouco antes do seu falecemento. Nesta publicación apareceron obras súas como Miscelánea literaria (1892), Un lance (1901), de tendencia folletinesca, e De la Coruña a La Habana. Viaje del Batallón de Zamora (1901). Publicou uns estudios literarios no xornal El Diario de Lugo, asinando algúns co pseudónimo Amorodul. Realizou estudios sobre a historia de Ribadeo que culminaron na súa Historia de Ribadeo: datos históricos de la fundación de la villa de Ribadeo e La villa y puerto de Ribadeo, estes últimos incluídos no Álbum histórico, científico y literario de Galicia (1887), elaborado por Novo García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estudiou con F. Durante en Nápoles e foi mestre de capela da corte de Parma. Compuxo numerosas óperas serias e chegou a ser un dos principais autores de opéra comique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Foi un dos creadores da zarzuela moderna e estreou, entre outras, La mensajera (1849),   Juramento (1858), Catalina (1854) e La conquista de Madrid (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do xermánico Hromwald, composto de hrôm ‘sona, fama’, e wald ‘mando, goberno’, co significado de ‘que goberna con gloria’ ou ‘que gañou sona e gloria co mando’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Formado en teoloxía no seminario de Mondoñedo (1829-1832), exerceu como mestre na escola do seminario. Cultivou o latín, o galego e mais o castelán e escribiu diversos vilancetes, como o musicado por Pacheco para o Nadal de 1861.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ao redor de 970 fíxose monxe beneditino no mosteiro de San Apollinare in Classe (Ravenna), de onde foi elixido abade en 998, pero ao ano seguinte retirouse á vida eremítica. Fundou diversas casas, que en 1012 se uniron na orde camaldulense. Iconográficamente representouse vestido con hábito branco (camaldulense) e báculo (abade). Como atributos persoais leva unha casiña rodeada de árbores sobre o brazo (alusión á vida cenobítica) e, ás veces, unha escada (en alusión a unha visión súa, na que subían os monxes da súa orde ao ceo). A súa festividade celébrase o 19 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO