"Roncesvalles" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa (28 h [2001]), situado á beira do Camiño Navarro de Peregrinación a Santiago. Álzase a 962 m de altitude, na vertente S do porto de Ibañeta, onde conflúe a tradición xacobea coa carolinxia. Durante o s VIII foi motivo de enfrontamentos entre os musulmáns e o reino cristián dos francos, dos que destacou a Batalla de Roncesvalles. Dista 762 km de Santiago de Compostela e está considerado como a porta do Camiño en España. Do seu patrimonio destaca a Colexiata (s XIII), o claustro (s XIV), as capelas de San Agustín, Santiago e do Espíritu Santo, a casa prioral, o hospital (s XIX), convertido en albergue, a casa dos Beneficiados e o Museo de Roncesvalles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate lendario contextualizado en Roncesvalles en 778. Referiuse á derrota da retagarda do exército de Carlomagno, encabezada por un dos seus cabaleiros, Roldán, ao volver da súa fracasada expedición contra Zaragoza. Historicamente este exército foi obxecto dun ataque de sarracenos, conducidos por Matru ḥ e Aišũn, entre o Ebro e Pamplona co obxecto de liberar ao pai destes, Sulaymān ibn Yaq ṯ ãn al-Arabĩ, gobernador musulmán de Barcelona e Girona, cousa que conseguiron; despois os gascóns sorprenderon a retagarda do exército ao atravesar os Pireneos e desfixérona. Estes feitos serviron de punto central de cristalización do chamado ciclo do Rei da épica francesa, no que destacou a Chanson de Roland.