Roncesvalles

Roncesvalles

Municipio de Nafarroa (28 h [2001]), situado á beira do Camiño Navarro de Peregrinación a Santiago. Álzase a 962 m de altitude, na vertente S do porto de Ibañeta, onde conflúe a tradición xacobea coa carolinxia. Durante o s VIII foi motivo de enfrontamentos entre os musulmáns e o reino cristián dos francos, dos que destacou a Batalla de Roncesvalles. Dista 762 km de Santiago de Compostela e está considerado como a porta do Camiño en España. Do seu patrimonio destaca a Colexiata (s XIII), o claustro (s XIV), as capelas de San Agustín, Santiago e do Espíritu Santo, a casa prioral, o hospital (s XIX), convertido en albergue, a casa dos Beneficiados e o Museo de Roncesvalles.