"Rosamunda" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén do xermánico Rosamund, composto de hroth- ‘fama, gloria’ e mund ‘man’, metaforicamente ‘protección, abeiro’, co significado de ‘a que protexe coa súa fama’, ‘protección da honra’. O primeiro elemento pode vir, tamén, de (h)ros ‘cabalo’, co que sería ‘protector de cabalos’. Na Idade Media, por etimoloxía popular, interpretábase como rosa munda ‘rosa pura’. Deu en Galicia o topónimo Rosamonde.
-
PERSOEIRO
Raíña dos longobardos, filla do xépido Cunimundo. Foi apresada por Alboino, que casou con ela e a obrigou a beber polo cranio do seu pai. Como vinganza, fíxoo matar por medio de Helmoquis, con quen casou (572). Perseguidos polos longobardos, refuxiáronse en Ravenna e pouco despois, envelenáronse.
VER O DETALLE DO TERMO