Rosamunda

Rosamunda
[ONOM]

Antropónimo feminino que provén do xermánico Rosamund, composto de hroth- ‘fama, gloria’ e mund ‘man’, metaforicamente ‘protección, abeiro’, co significado de ‘a que protexe coa súa fama’, ‘protección da honra’. O primeiro elemento pode vir, tamén, de (h)ros ‘cabalo’, co que sería ‘protector de cabalos’. Na Idade Media, por etimoloxía popular, interpretábase como rosa munda ‘rosa pura’. Deu en Galicia o topónimo Rosamonde.

Palabras veciñas

rosaliano -na | Rosalinda | Rosalinda | Rosamunda | Rosamunda Rosmunda | rosanilina | rosar