Rosalinda

Rosalinda
[ONOM]

Antropónimo feminino que provén do xermánico Rosalind, de hroth- ‘gloria, fama’ e lind ‘tileiro’, por metonimia ‘escudo feito de pau de tilo’ e, polo tanto, tamén ‘protección’. O nome significa ‘escudo da fama’ ou ‘a protección da honra’. Outra hipótese faina derivar do xermánico Roslindis, composto de (h)ros ‘cabalo’ e lindi ‘serpe’. A interpretación como rosa linda ‘rosa fermosa’ é simple etimoloxía popular, aínda que puido ser importante á hora de escoller este nome.