Rosalía de Castro, Casa-Museo
Museo fundado e instalado desde 1947 na casa da Matanza, propiedade que fora de Rosalía de Castro, situada en Iria FLavia (Padrón). A construción, adquirida en 1947 polo Patronato Rosalía de Castro, foi remodelada en varias ocasións (1951, 1971) e converteuse na sede deste e do museo, inaugurado en 1975 coa finalidade de divulgar a súa vida e obra. No lugar tamén se levan a cabo actos puntuais relacionados coa cultura galega. Na planta baixa adicouse unha sala á exposición de obxectos e textos referentes á vida e obra da autora e outra ás ofrendas levadas alí polos visitantes particulares. As restantes conservaron a disposición e funcionalidade orixinal da vivenda: a cociña na planta baixa e na alta o dormitorio onde morreu Rosalía, sobre o leito da que se coloca a diario unha rosa ou unha camelia. Entre 1997 e 2000 sufriu unha nova remodelación; o conxunto completouse coa adquisición de varias casas cercanas, que permitiron a inauguración dun Auditorio (1985) e a construción do Centro de Estudios Rosalianos. Foi declarado BIC en 1974.