"Rosende" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
GALICIA
Escritor. Realizou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia en varios institutos de Galicia e, dende 1980, no Institut Jaume II de Alacant. Foi director da colección de narrativa do Instituto de Cultura Gil Albert da deputación de Alacant e colaborador de honra do departamento de Lingüística Xeral e Teoría da Literatura da Universitat de Alacant. Deuse a coñecer como poeta en castelán coa obra El dolor de la carne (1960). En galego publicou o poemario Paisaxe de verde chuvia (1986) e o libro de relatos As calexas do cigurath (1973), reeditado íntegro en 1996, xa que na súa primeira edición sufrira mutilacións por parte da censura. No eido da crítica literaria destacan as súas colaboracións en revistas especializadas e na prensa, así como o volume monográfico A obra literaria de Eduardo Blanco Amor (1993). Foi galardoado nas Festas Minervais...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi director xerente e secretario do Padroado da Fundación para a Investigación e o Desenvolvemento de Recursos Mariños. Deputado autonómico pola Coruña na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular e na III, IV e V lexislaturas (1989-2001) polo Partido Popular, pertenceu ás Comisións de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servicios e Economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Relixioso franciscano. Arabista e misioneiro, exerceu de interpréte nas embaixadas en Marrocos. Durante as misións en Palestina, realizou diversos achados arqueolóxicos. Publicou Las escuelas hispano-franciscanas de Marruecos (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou casa das Señoritas Construción situada en Rosende (Sober). Foi construída en 1511 e ampliouse durante o s XVIII. Presenta planta en forma de L e ten unha solaina na parte posterior á que se accede por unha escaleira exterior. O conxunto completouse coa casa dos caseiros e cunha capela.
-
PERSOEIRO
Prateiro. Activo en Ourense, onde foi prateiro da catedral entre 1564 e 1598, realizou diversas pezas para o mosteiro de Oseira, Santa María de Barra (Coles), Santa María de Melias, Santo Eusebio da Peroxa e Santa María Madre de Ourense. Foi tallador da casa da moeda da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Calvos de Socamiño (Touro). De pranta cadrada, realizouse con muros de cachotaría de granito con partes de cantaría, preto do canón do río Ulla. Presenta dunha capela exenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice situado en Ortoá (Sarria).
-
GALICIA
Relixioso agostiño. Tomou o hábito en Valladolid en 1826. Escribiu, entre outras obras, Cuaderno de instruciones arreglado conforme al Ritual del P. Méntrida, Manual de la Orden (1854), Observaciones meteorológicas y curiosidades astronómicas, Modelo práctico de enseñar a los indios en las escuelas, Aniterias de los indios ilocanos, su falsedad e impugnación e Díptica de los religiosos párrocos y sus obras realizadas en beneficio del pueblo de Narvacán.
VER O DETALLE DO TERMO