Carro Rosende, Francisco Xavier
Escritor. Realizou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia en varios institutos de Galicia e, dende 1980, no Institut Jaume II de Alacant. Foi director da colección de narrativa do Instituto de Cultura Gil Albert da deputación de Alacant e colaborador de honra do departamento de Lingüística Xeral e Teoría da Literatura da Universitat de Alacant. Deuse a coñecer como poeta en castelán coa obra El dolor de la carne (1960). En galego publicou o poemario Paisaxe de verde chuvia (1986) e o libro de relatos As calexas do cigurath (1973), reeditado íntegro en 1996, xa que na súa primeira edición sufrira mutilacións por parte da censura. No eido da crítica literaria destacan as súas colaboracións en revistas especializadas e na prensa, así como o volume monográfico A obra literaria de Eduardo Blanco Amor (1993). Foi galardoado nas Festas Minervais compostelás, e recibiu o Premio Nacional de Poesía Universitaria (1959), o Premio de Contos Julián Romea (1963), o Premio de Novela Corta Salamanca (1966), por Las horas y los días (1967), e o Premio Pedrón de Honra 1998 pola súa traxectoria profesional.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela