"Ruhr" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (173.837 h [2000]). Situada na rexión do Ruhr, foi un centro carbonífero importante desde a Idade Media. É a sede do instituto Max-Planck-Gesellschaft para a investigación do carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Alemaña, afluente pola dereita do Rin (235 km de lonxitude). Nace no Sauerland e desemboca en Duisburg. Está situado no centro dunha importante cunca e rexión industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión industrial de Alemaña situada no land de Renania do Norte-Westfalia (4.590 km2). Esténdese desde a beira esquerda do Rin, cara ao L, ata o Hamm e desde o Ruhr cara ao N ata Lippe. Nun sentido máis amplo cabería incluír as cidades renanas de Krefeld e Düsseldorf e o cinto urbano espallado cara ao L, desde Düsseldorf por Wuppertal ata Hagen. Constitúe unha complexa aglomeración metropolitana, e a concentración industrial máis grande de Europa. Nacida da conxunción do carbón e do ferro, a preponderancia industrial da rexión chegou a representar 90% do carbón e o 80% do gas distribuído por todo o país. Pero a produción, o número de extraccións e o número de traballadores diminuíu. A competencia do petróleo e do gas natural levaron a unha reconversión industrial. A maior parte das grandes cidades chegaron ao seu máximo numérico nos anos 1960-1963, período a partir do que a poboación propiamente urbana comezou a reducirse, pero aumentou a dos distritos periféricos e...

    VER O DETALLE DO TERMO