"Rwanda" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ruanda.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África centroriental que limita ao N con Uganda, ao L con Tanzania, ao S con Burundi e ao O coa República Democrática do Congo (26.338 km2; 8.162.715 h [2002]). A súa capital é Kigali.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Situado na rexión dos Grandes Lagos Africanos, o país esténdese sobre un altiplano cunha altitude media de entre 1.500 e 2.000 m, onde se sitúan numerosos lagos. Todo o país se atopa moi fracturado e no NO sobresae unha cadea de volcáns que culmina no Karisimbi (4.507 m). A rede hidrográfica está composta polo lago Kivu, o río Kagera, que dá nacemento ao Nilo, e numerosos lagos nas zonas montañosas. O clima é subecuatorial temperado pola altitude, con chuvias moi abundantes. A temperatura media é de 26°C e as precipitacións varían entre os 800 mm no L do país e os 2.000 no O. A vexetación predominante é a sabana. Os bosques, abundantes noutros tempos, están reducidos a pequenas zonas na rexión do lago Kivu. Na montaña hai... -
TERRITORIOS
Territorio de África Oriental baixo o mandato (1916-1946) e o fideicomiso belga (1946-1962), que se converteu, en 1962, nos estados de Rwanda e Burundi.
VER O DETALLE DO TERMO