"Sáenz" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo. Defensor do Absolutismo contra toda posible reforma liberal. En 1820 enviou ao Rei Fernando VII unha exposición na que lle solicitaba que nin as cortes nin o goberno se pronunciasen en materia eclesiástica, xa que son competencia exclusiva da Igrexa. Mandou constituír na diócese un tribunal eclesiástico encargado de velar polas lecturas (1821).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Miguel Primo de Rivera y Orbaneja. Despois da caída do seu pai (1930) ingresou na Unión Monárquica. Antiliberal e antimarxista, abrazou un nacionalismo tradicionalista e totalitario. En 1933 foi elixido deputado e fundou a agrupación política Falange Española, que se fusionou coas JONS en 1934. Xefe único do partido, foi derrotado nas eleccións de febreiro de 1936. Detido ao mes seguinte durante o contexto de feitos violentos do momento, trasladárono á prisión de Alacant, desde onde apoiou o alzamento militar do 18 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que trae por armas, escudo partido: 1, de ouro, cunha árbore de sinople; 2, de goles, con tres bandas de ouro; bordo de prata, cargado de oito pintas de armiños de sable. Outro trae, en campo de sinople, unha banda de ouro, engolada de dragantes do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e teólogo. Foi monxe de San Millán de la Cogolla (1645) e ensinou teoloxía no colexio de San Vicente e na Universidad de Salamanca. A súa obra antigalicana mereceulle de Inocencio XI o cardealado (1686). Recompilou os textos dos antigos concilios hispánicos en Collectio maxima conciliorum Hispaniae (1693-1756).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Bispo de Lugo (1762-1768), durante o seu goberno construíuse a portada principal da catedral e a capela maior. Foi arcebispo de Zaragoza (1768-1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Colaborou con Luis Buñel durante a Segunda República (1931-1939) e converteuse no cineasta oficial do réxime franquista con filmes como Raza (1941), El escándalo (1943) e Los ojos dejan huellas (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi autor dalgunhas das vilas novas da periferia de Madrid realizadas coa colaboración de Cubillo, Romany e Sierra como Erillas (1955), Batán (1960) e Entrevías (1956). Foi catedrático e director (1981-1983) da Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Das súas obras destacan as Torres Blancas (1962-1968), o Banco de Bilbao (1979) e o edificio da administración dos Recintos Feriales (1988-1991), todas elas en Madrid. Colaborou co proxecto Abrir Vigo ao Mar co deseño do centro de ocio da Laxe. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura polo Centro Atlántico de Arte Contemporáneo de Las Palmas de Gran Canaria e en 1993 o Premio Príncipe de Asturias das Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO