Dniéper
Dniéper
Nome científico: [ucraíno: Dnipro; ruso: Dnepr]
Río do centro de Ucraína, o cuarto de Europa en lonxitude, con 2.285 km. Nace nas montañas Valdajs, ao N de V’az’ma, Rusia, atravesa o sector oriental de Bielorrusia e acaba facendo un arco dentro das terras ucraínas antes de desembocar no Mar Negro, ao NO de Crimea. Os seus afluentes principais son o Pryp’yat’, Berezina, Sož e Desna. O seu caudal é moi regular, de tipo glaciopluvial. Destaca polas súas comunicacións.