"Sáhara" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de Sáhara Occidental proclamada en febreiro de 1976 baixo o impulso do Frente Polisario e que pretende o seu recoñecemento como estado polos outros países do mundo. Recoñecida por máis de sesenta países, é membro de pleno dereito da OUA pero non da ONU. Ante a vontade de Marrocos de anexionarse o territorio e a resistencia da poboación saharauí, esta organización proxectou en 1988 un referendo para decidir a súa lexitimidade, consulta aínda pendente de celebrarse. Co apoio de Alxeria, posúe un exército de liberación, dirixido polo Frente Polisario, que combate as forzas ocupantes marroquís, controla diversas formas do territorio saharauí e administra os campos de refuxiados establecidos na rexión alxeriana de Tindouf.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto de África setentrional, o máis grande do mundo, cunha extensión de 10.000.000 km2. Limita ao NO co Atlas e chega ata o Mediterráneo polo lado de Libia e Exipto. A zona bioclimática sahariana constitúe o límite meridional. Polo O chega ata o Océano Atlántico, e polo L ata o Mar Vermello, aínda que o deserto de Arabia é unha prolongación pola costa asiática. Comprende territorios de Mauritania, Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Exipto, Sudán, Chad, Mali e Níxer. Está formado por un zócolo precambriano recuberto en certos puntos por sedimentos paleozoicos, mesozoicos e terciarios de estrutura case horizontal, depositados en certas partes cóncavas do zócolo. Os macizos máis altos son os de Ahaggar, con 2.918 m no monte Tahat, e o Tibesti, o máis elevado de todos con 3.415 m de altitude no monte Emi Koussi. Ademais, o deserto comprende unha serie de relevos característicos como ergs, regs, hamadas ou dunas. As súas características climáticas son unha grande...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación do Sáhara Occidental durante o dominio español.
-
TERRITORIOS
Territorio do NO de África, correspondente á parte occidental do Sáhara, con fachada atlántica. Os recursos minerais son extraordinarios, en particular os fosfatos e o ferro. Semella que os primeiros habitantes foron pobos de raza negra que foron expulsados cara ao S a causa do avance dos bérberes norteafricanos nos ss VIII e IX. Entre as numeroras tribos en que estes se organizaron, a que conseguiu un poder político más considerable foi a dos lamtunes, do grupo sanhaja, que na primeira metade do s XI iniciou un proceso de expansión que deu lugar ao imperio almorábide. Tras caer este baixo o impulso dos masmudes (almohades) a zona foi controlada polos saditas de Marrocos. A mediados do s XIX diversos comisarios españois visitaron o Sáhara Occidental sen resultados prácticos. O temor a unha colonización inglesa provocou que en 1884-1885 unha expedición española organizada pola Sociedad Española de Africanistas y Colonistas tomara posesión do territorio e fundara dúas bases pesqueiras. En...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India (373.904 h [1991]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas e nas industrias papeleiras, do tabaco e azucreiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Sáhara Occidental ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do Sáhara Occidental.
-