"Sánchez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 140.
-
PERSOEIRO
Trobador, primeiro fillo ilexítimo de don Dinís de Portugal con Aldonça Rodrigues de Telha. No ano 1289 aparece mencionado o seu nome nunha doazón feita polo Rei ao medio irmán do trobador, o tamén ilexítimo e trobador Pedro de Portugal, Conde de Barcelos. Na Corte de seu pai, ademais de coñecer os rudimentos do trobar gozou dunha posición política vantaxosa. Entre 1291 e 1304 recibiu do monarca diversas posesións na Beira, Paiva, Vouga e Salamanca; dende 1307 participou activamente na vida da Corte ao obter ese mesmo ano o título de Senhor de Albuquerque. Polo seu matrimonio con Teresa Martins, e como consecuencia do fallo rexio de 1312 que poñía fin á contenda que mantiña co outro herdeiro, o conde Martin Gil de Riba de Vizela, o infante recibiu unha importante herdanza do seu sogro, Xoán Afonso de Albuquerque, incorporando ao seu patrimonio distintas propiedades no Entre Douro e Minho, Estremadura e Alto Alentejo. Paralelamente, medraba a súa proxección política na corte, detentando...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e educador cubano de orixe portorriqueña. Fundou un laboratorio de investigación pedagóxica para o estudo da infancia. Dirixiu as revistas cubanas Revista de educación e Revista de instrución pública, e publicou numerosas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e notario. Colaborou nos xornais lucenses A Monteira e O Labrego con artigos dedicados a temas agrarios. É autor de dous relatos costumistas, publicados en A Monteira, co título “O chufón” (1889) e “Unha boda” (1890). En 1908 participou na enquisa realizada polo Faro de Vigo sobre a redención de foros. En 1914 circulou pola prensa pontevedresa da época a súa Memoria sobre foros y subforos y medios de proceder equitativamente a su desaparición.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Carlos Pérez Sánchez.
-
PERSOEIRO
Político costarriqueño. Estudiou nas universidades de Costa Rica, Boston, Essex e na London School of Economics; desde 1969 ata 1972 foi profesor de Ciencias Políticas na universidade de Costa Rica e despois desempeñou cargos gobernamentais cos presidentes Figueres (1970-1974) e Oduber (1974-1978). Socialdemócrata, membro do Partido de Liberación Nacional, resultou elixido Presidente da República de Costa Rica (1986). Foi o artífice do nomeado Plan Arias de Pacificación da América Central, asinado en agosto de 1987 polos presidentes de Costa Rica, Guatemala, Honduras, Nicaragua e O Salvador e que pasou a ser coñecido como Acordo de Esquipulas. Premio Nobel da Paz (1987) e Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1988), deixou a presidencia do país cando R. A. Calderón gañou as eleccións (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. En 1908 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. En 1918 xa era capitán e ingresou no Estado Maior. Comandante do Estado Maior (1919) foi agregado militar nas embaixadas de París, onde ampliou os seus estudios na escola Superior de Guerra, na de Bruxelas e nas legacións de Berna e A Haia. Ao iniciar a Guerra Civil abandonou os seus cargos, situouse no bando franquista e foi nomeado xefe de operacións do estado maior das tropas que tomaron Badajoz e Toledo. En 1937 ascendeu a coronel por méritos de guerra. Ao rematar a guerra volveu a París ata 1943, data na que ascendeu a xeneral de brigada, foi segundo xefe do Estado Maior Central ata 1947 en que ascendeu a xeneral de división e foi designado gobernador militar de Sevilla. En 1951 foi gobernador militar do Campo de Gibraltar e en 1983 titular da Capitanía Xeral de Granada. En 1955, co grao de tenente xeneral, foi nomeado director da Escola Superior do Exército e, en 1956, xefe da Casa Militar do Xefe do Estado. En 1957 foi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Discípulo de Menéndez Pelayo, foi profesor de Pedagoxía na Escuela Superior de Magisterio e director da Escuela Práctica anexa á Escuela Normal de Madrid. Tamén foi director da publicación El Magisterio Español. Colaborou en diversas reformas do ensino e foi conselleiro de Instrución Pública (1921-1930). Participou directamente nas reformas do ensino propugnadas por Gamazo, o marqués de Pidal e La Cierva. Na Escuela Municipal de Madrid creou un gabinete antropométrico, ensinou a caligrafía vertical, estableceu as escolas graduadas e implantou un novo modelo de mesas para escribir de pé. Autor, entre outras obras, de Escuelas graduadas (1899), Bibliografía pedagógica de obras escritas en castellano o traducidas a este idioma (seis tomos, 1907-1911), Pedagogía (1912) e Bibliografía pedagógica del siglo XX (1932-1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Doutor en Leis. Participou no pronunciamento constitucional coruñés de 1820 e foi nomeado xefe político dos distritos de Tui e Ourense, e posteriormente da provincia de Ourense (1822). Fundou o Boletín Oficial de Ourense, de tendencia liberal. En 1823 marchou exiliado a Porto. Publicou Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos y un abogado instruído, despreocupado y compasivo. Cuaderno primero al cual seguirá el segundo. Contiene las principales disposiciones eclesiásticas y civiles, relativas a lo que comunmente se llaman derechos de estola y pie de altar (1823). Trátase dunha obra bilingüe, na que os labregos falan en galego e o avogado en castelán. Morreu durante o incendio dun barco que o trasladaba de volta a España ou a Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista internacional. Formado na disciplina do Brigantium da súa cidade natal, pasou ao Real Club Deportivo de La Coruña, onde se converteu en profesional. Militou despois no Real Mallorca e no Sevilla Club de Fútbol. As súas actuacións neste último equipo provocaron que o convocase a selección española, coa que acudiu aos Campionatos Mundiais de España 1982, México 1986 e Italia 1990, e ás Eurocopas de Francia 1984 e Alemaña 1988. En 1985 fichou polo Real Madrid Club de Fútbol, equipo co que acadou seis títulos de Liga, cinco deles consecutivos (entre 1985-1986 e 1989-1990) e outro na tempada 1994-1995, ademais de dous títulos da Copa do Rei. Entre outras distincións individuais, recibiu o Premio Ricardo Zamora en varias edicións, como porteiro menos goleado do campionato de liga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Licenciouse en Sagrada Teoloxía no Seminario de Toledo, onde foi profesor de física e arqueoloxía sacra. En 1912 realizou os seus primeiros traballos de campo en Termes e Osma (Soria). En 1914 foi inspector das escavacións que a Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla estaba a realizar no castro de Santa Tegra (A Guarda) e, en 1916, das do castro da Forca dos Cregos (A Guarda); así mesmo, inspeccionou outras escavacións en Jaén e Guadalajara. Publicou, entre outras obras, Importancia del estudo de las monedas (1903), Exploraciones arqueológicas. Citanias gallegas (1914), Monte de Santa Tecla, La Guardia (Pontevedra): exploraciones arqueológicas verificadas en los años 1915 a 1920 (1920) e Monte de Santa Tecla en Galicia: memoria acerca de los trabajos realizados en 1922-23 (1924). En 1916 ingresou na Real Academia de la Historia e recibiu o Premio da Xunta de Iconografía Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Comezou as súas actividades literarias compoñendo un diario novelado ao que seguiron varios contos, pero o xénero que cultivou con gran dedicación foi a novela rosa ao que pertencen, entre outros moitos, os seguintes títulos: El orgullo de los Waterfird (1945), Su mejor aliado (1946), El final de una aventura (1946), Una extraña institutriz (1947), Tenía que ser así (1947), Una boda singular (1948), Millonaria por sorpresa (1948), Los dos primos de Annabella (1949), Una conquista difícil (1949), La sorpresa de una predición (1949), Contrato de boda (1949), ... Y surgió el amor (1949), No era amor (1949), Fracaso sentimental (1950), Siguiendo sus pasos (1950), Mensaje de Navidad (1950), Mi príncipe azul (1950), A la busca de un marido (1950), Idilio en Hollywood (1950), Misterios del corazón (1950) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador, debuxante e pintor. Colaborou en diferentes publicacións como El Museo Universal, La Ilustración de Madrid, La Academia e La Ilustración Española y Americana. Especializouse no gravado en madeira e na técnica da acuarela. Obtivo unha medalla na Exposición Nacional de 1876.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico neurólogo. Profesor titular de Patoloxía e Clínica Médicas da Universidade de Santiago de Compostela, fundou a Sociedade Galega de Neuroloxía. Académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornalista. Dirixiu as publicacións Galicia Recreativa (1890-1892) e El Criterio Gallego (1893), ambas as dúas de Pontevedra. Defensor das ideas tradicionalistas, publicou Estado actual de la Agricultura en Galicia y medios que deben emplearse para mejorar sus condiciones, a fin de aumentar los produtos de la misma (1902).
-
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Ángel María Cortellini y Hernández. Especializouse nas escenas navais. En 1892 presentou tres obras á Exposición de Bellas Artes de Madrid: Vista de la bahía de Vigo, Entrada de la bahía de Vigo e Muelle de la bahía de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Dende moi pequena interesouse polo mundo das artes e a interpretación estudando ballet clásico durante nove anos no Conservatorio Nacional de Madrid e participando en diversos cursos de prestixio durante os seguintes anos. Compaxinou estes estudos coa aparición en videoclips e na televisión. Os seus primeiros papeis de sona foron en “Jamón, jamón”, de Bigas Luna e en “Belle Époque”, filme dirixido por Fernando Trueba e que gañou o Óscar á mellor película de fala non inglesa no 1993. O seu primeiro traballo co director Pedro Almodóvar foi en 1997, na película “Carne trémula”, a esta colaboración seguirían “Todo sobre mi madre”, “Volver” e “Los abrazos rotos”. A súa primeira aparición nun filme rodado nos Estados Unidos foi en “The Hi-lo countrie” de Stephen Frears. Dende entón leva rodadas máis de 15 filmes neste pais e noutros como Francia, Italia ou o Reino Unido. Ten no seu haber tres premios Goya, o último no ano 2008, un Óscar da Academia nese mesmo ano e froito da súa colaboración...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Filosofía e Letras na Universidad Central de Madrid (1863), foi catedrático de Historia e decano da facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. É autor, entre outras obras, de Curso completo de historia universal (1875) e, con Francisco Freire Barreiro, de Santiago, Jerusalén, Roma: diario de una peregrinación a estos y otros santos lugares de España, Francia, Egipto, Palestina, Siria e Italia, en el año del jubileo universal de 1875 (1880-1882) e Guía de Santiago y sus alrededores (1885). Deixou manuscrita Historia de la Universidad de Santiago (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña e acudiu ao taller de F. Lloréns, feito que influíu na súa concepción paisaxista. Cultivou a paisaxe do natural, o bodegón e o retrato, e destacou na representación de escenas con multitude de personaxes e nas súas visións do mundo laboral. Dende que realizou a súa primeira mostra na Asociación de Artistas da Coruña (1940), expuxo nas principais cidades galegas. Coa obra Multitud, recibiu unha segunda medalla na Exposición Rexional de Arte de Vigo (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. A súa infancia e mocidade transcorreron en Lugo e cursou estudios de bacharelato no Instituto lugués. No curso 1927-1928 matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Valladolid e deseguido marchou a Madrid. En 1928 publicou en El Progreso o seu primeiro artigo onde escribiu sobre a poesía de Góngora. Durante a Segunda República viviu entre Santiago de Compostela e Lugo. Estudiou dereito en Santiago de Compostela, onde asistiu aos parladoiros do Derby e do Español xunto con Domingo García-Sabell, Luís Seoane, Francisco Fernández del Riego, Ricardo Carballo Calero, Arturo Souto, Álvaro Cunqueiro e Rafael Dieste. Ingresou na FUE e despois afiliouse á ORGA de Casares Quiroga. En 1935 entrou no Partido Galeguista levado por Ramón Piñeiro. Influído pola lectura de Marx, Engels e Maiakovski escribiu algúns artigos co pseudónimo de Bacurín. Colaborou en publicacións como Resol, Ahora (despois Guión) e fundou e dirixiu Yunque...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Normalmente asina como Xe Freyre e é autor da novela Cando o gato mira de esguello (1987) e da guía Mondoñedo (1990).
VER O DETALLE DO TERMO