Arias Sánchez, Óscar

Arias Sánchez, Óscar

Político costarriqueño. Estudiou nas universidades de Costa Rica, Boston, Essex e na London School of Economics; desde 1969 ata 1972 foi profesor de Ciencias Políticas na universidade de Costa Rica e despois desempeñou cargos gobernamentais cos presidentes Figueres (1970-1974) e Oduber (1974-1978). Socialdemócrata, membro do Partido de Liberación Nacional, resultou elixido Presidente da República de Costa Rica (1986). Foi o artífice do nomeado Plan Arias de Pacificación da América Central, asinado en agosto de 1987 polos presidentes de Costa Rica, Guatemala, Honduras, Nicaragua e O Salvador e que pasou a ser coñecido como Acordo de Esquipulas. Premio Nobel da Paz (1987) e Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1988), deixou a presidencia do país cando R. A. Calderón gañou as eleccións (1990).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Heredia