"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Costa de Marfil (6.250 km2 ; 225.882 h [1988]). A capital é Aboisso (13.527 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia de Ciencias de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplicación informática moi popular creada pola empresa Microsoft que permite construír bases de datos.

    2. Formato de disposición de datos propio da aplicación homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Textos de análise literaria das obras dun autor moi espallados nos séculos XII e XIII. Tradicionalmente, crese que os prólogos a Virxilio feitos polo gramático latino Servio son o antecedente destes comentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo italiano. Coñecido polos seus estudios de anatomía. Atribúeselle o descubrimento dos ósos da orella interna chamados bigornia e martelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo territorio francés na África Oriental. Nome da República de Xibutí do 1967 ao 1977, ano en que acadou a independencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso Nacional Africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de tenis norteamericano de orixe grega. Debutou no circuíto profesional en 1987 e axiña acadou sona pola súa forma de vestir nas pistas. En 1988 participou por primeira vez en Wimbledon. Malia a súa irregularidade, ao gañar o torneo de Roland Garros en 1999 converteuse no primeiro xogador da era open, e o quinto na historia, en acadar o Grand Slam, é dicir, en vencer nos catro torneos máis importantes do circuíto (obtivo cadanseu triunfo en Wimbledon, no Aberto de Australia, no Aberto de EE UU, e en Roland Garros). Foi o mellor tenista mundial (primeiro na clasificación da ATP) en 1995, durante 30 semanas consecutivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo mariño. Fillo de Jean Louis Rodolphe Agassiz. Fundou a estación zoolóxica de Newport (Rhode-Island, EE UU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista suízo. Foi un dos naturalistas máis influentes do s XIX, formado na vella escola (estudiara en París xunto con Cuvier) de anatomistas comparativos. Os seus extensos e meticulosos estudios sobre os peixes fósiles fixaron na práctica esa materia científica; así mesmo, a súa obra sobre as glaciacións europeas proporcionou o fundamento de toda a investigación futura do glaciarismo. En Harvard fundou o Museum of Comparative Zoology (1859). Malia os seus moitos estudios de animais fósiles e dos antigos cambios climáticos, Agassiz era un firme antievolucionista que se negou a recoñecer os avances derivados da teoría darwinista e, apoiándose na súa reputación de máximo naturalista de Norteamérica, ridiculizou os defensores desa teoría en América (Gray, etc). Como persoa crente nos planos divinos e nas formas ideais, non vía continuidade no rexistro fósil que el mesmo axudara a coñecer e sistematizar; afirmaba que as especies novas eran o resultado de creacións distintas e sucesivas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de prensa francesa constituída a partir da rama informativa da axencia Havas. Adquirida polo estado francés no ano 1940, adoptou o nome actual no 1944. Ten proxección internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ao principio defendeu a política dos galicanos e dos xansenistas no parlamento de París, onde foi avogado xeral (1690), procurador xeral (1700) e chanceler (1717-1718; 1720-1722; 1737-1750), desautorizando dende 1720 os seus antigos correlixionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as academias de ciencias e humanidades en Alemaña. Foi fundada en 1700 en Berlín por Federico I de Prusia co nome de Preussische Akademie der Wissenschaften (Academia das Ciencias Prusiana). En 1946 quedou inmersa na zona soviética e foi reorganizada e convertida en Akademie der Wissenschaften der DDR (Academia das Ciencias da República Democrática Alemana). Coa reunificación (1990) a Akademie der Wissenschaften der DDR, foi absorbida pola Akademie der Wissenschaften zu Berlín, creada no Berlín occidental en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoptou en 1946 a Akademie der Wissenschaften (Academia das Ciencias de Alemaña) ao ser reorganizada segundo o modelo soviético da Academia de Ciencias da URRS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia de ciencias creada en Berlín Occidental en 1987 e que pretendía ser a sucesora da Akademie der Wissenschaften, convertida na Guerra Fría en Akademie der Wissenschaften der DDR, (Academia das Ciencias da República Democrática Alemana) o quedar a súa sede na Alemaña Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe con presenza documentada no mosteiro de Montecassino a partir do 1057. Foron moi celebrados os seus tratados retóricos Breviarum de ditamine e as Flores rhetorici.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València (7.335 h [1996]). Cultivo de laranxeiras, oliveiras, viñas de moscatel, amendoeiras e horta. Gandería e industria da madeira e do moble. Igrexa parroquial de Sant Martí (1805) coa capela do Sant Crist de la Fe (1819), obxecto de especial veneración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, naturalista e humanista italiano. Catedrático de Botánica na Universidade de Boloña (1560) e fundador dun xardín botánico (1568); escribiu numerosas obras de historia natural. A súa farmacopea Aantidotarii Bononiensis epitome acadou moita sona e foi, xunto coa de Gesner, o modelo doutras obras semellantes ata Buffon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno, fillo dun inmigrante italiano. En 1920 chega á presidencia como candidato da Alianza Liberal, opoñente da coalición das dereitas. Tentou unha serie de reformas, pero as cámaras, controladas polos conservadores, impedíronlle toda actuación coherente, dificultada ademais pola inestabilidade do goberno, a crise económica e as reivindicacións obreiras. En 1924 un comité militar fíxose cargo do poder. Alessandri exiliouse en Europa, pero pouco tempo despois un novo golpe militar de tendencia liberal devolveuno á presidencia (marzo de 1925) o que lle permitiu a aprobación dunha nova constitución presidencialista e laica (agosto de 1925). Alessandri demitiu en outubro do mesmo ano. Despois da denominada república socialista (1931), foi elixido de novo presidente nunha coalición de concentración nacional (1932-1938). Neste mandato creou a milicia republicana (1933) e puxo fin á lexislación social instaurada no decenio 1920-1930 (leis do salario vital e de medicina preventiva)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, enxeñeiro e home de negocios, fillo de Arturo Alessandri Palma. Gañou as eleccións presidenciais de 1958. En 1964 foi substituído por Eduardo Frei. Actuou como vicepresidente do Banco de Sudamérica e como director e accionista dunha rede de fábricas de papel e de refinerías de azucre; colaborou coa ditadura do Xeneral Pinochet cando era presidente do Consello de Estado ata que demitiu (1976-1981).

    VER O DETALLE DO TERMO