Alessandri Palma, Arturo

Alessandri Palma, Arturo

Político chileno, fillo dun inmigrante italiano. En 1920 chega á presidencia como candidato da Alianza Liberal, opoñente da coalición das dereitas. Tentou unha serie de reformas, pero as cámaras, controladas polos conservadores, impedíronlle toda actuación coherente, dificultada ademais pola inestabilidade do goberno, a crise económica e as reivindicacións obreiras. En 1924 un comité militar fíxose cargo do poder. Alessandri exiliouse en Europa, pero pouco tempo despois un novo golpe militar de tendencia liberal devolveuno á presidencia (marzo de 1925) o que lle permitiu a aprobación dunha nova constitución presidencialista e laica (agosto de 1925). Alessandri demitiu en outubro do mesmo ano. Despois da denominada república socialista (1931), foi elixido de novo presidente nunha coalición de concentración nacional (1932-1938). Neste mandato creou a milicia republicana (1933) e puxo fin á lexislación social instaurada no decenio 1920-1930 (leis do salario vital e de medicina preventiva). Nas eleccións de 1938 foi vencido polo candidato da Fronte Popular, Pedro Aguirre Cerda.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hacienda de Longaví, Linares

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Chile