"START" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Nome helenizado de Ištar, deusa semítica de Mesopotamia e de Fenicia, é unha das divindades femininas máis importantes dos panteóns respectivos. Represéntase espida, a miúdo coas mans nos peitos, de pé ou sentada; son moi coñecidas as figuras de terracota e de bronce. Está asociada á Lúa e ao planeta Venus. Deusa da fecundidade da terra e dos humanos, adoptou diversas formas segundo a cidade onde foi adorada, pero sen perder o seu sentido orixinario. Probablemente de orixe neolítica, relacionada coa idea do principio feminino, é protectora ao mesmo tempo da terra e dos humanos. Esta acepción explica a presenza da prostitución sagrada nalgúns dos seus templos, sendo un dos máis importantes e coñecidos o de Babilonia. A través da expansión fenicia polo Mediterráneo occidental, o culto estendeuse polas colonias de occidente, salvo en Cartago e na zona cartaxinesa, onde foi substituída por Tanit. Os gregos asimilárona a Afrodita e os romanos a Cibeles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrir moito os ollos, especialmente por sorpresa ou admiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Strategic Arms Redution Talks.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispositivo auxiliar do carburador dun vehículo automóbil, que permite o arranque rápido do motor, independentemente da temperatura ambiental, debido á subministración dunha mestura máis rica en gasolina.

    2. Persoa que regula, nun campo de aviación, a saída e a circulación en terra de acordo coas ordes que recibe da torre de control.

    3. Persoa que se encarga de dar a saída nunha carreira.

    VER O DETALLE DO TERMO