Astarte

Astarte
[MIT]

Nome helenizado de Ištar, deusa semítica de Mesopotamia e de Fenicia, é unha das divindades femininas máis importantes dos panteóns respectivos. Represéntase espida, a miúdo coas mans nos peitos, de pé ou sentada; son moi coñecidas as figuras de terracota e de bronce. Está asociada á Lúa e ao planeta Venus. Deusa da fecundidade da terra e dos humanos, adoptou diversas formas segundo a cidade onde foi adorada, pero sen perder o seu sentido orixinario. Probablemente de orixe neolítica, relacionada coa idea do principio feminino, é protectora ao mesmo tempo da terra e dos humanos. Esta acepción explica a presenza da prostitución sagrada nalgúns dos seus templos, sendo un dos máis importantes e coñecidos o de Babilonia. A través da expansión fenicia polo Mediterráneo occidental, o culto estendeuse polas colonias de occidente, salvo en Cartago e na zona cartaxinesa, onde foi substituída por Tanit. Os gregos asimilárona a Afrodita e os romanos a Cibeles.

Palabras veciñas

Ástapa | Astariz | Astarloa, Pablo Pedro | Astarte | astasia | astaticidade | astático -ca