"Sagar" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desnivelar a pedra fixa do muíño.
-
-
Soltar algo ou a alguén que está agarrado.
-
Soltarse algo ou alguén que está agarrado.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Madhya Pradesh, India (195.106 h [1991]). Posúe un lago artificial, rodeado de templos hindús.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. En 1914 publicou o seu Primer libre de poemes, ao que seguiron a peza teatral Rondalla d’ esparves (1918) e a novela Paulina Buxareu (1919). Da man de J. Ortega y Gasset entrou no xornalismo como correspondente en Berlín do diario madrileño El Sol. Autor dunha obra extensa e variada, cun estilo rico e vitalista, mesturou formulacións temáticas e técnicas do modernismo con outros máis populares. En poesía destacan Cançons d´abril i de novembre (1918) e El comte Arnau (1928); no teatro La Rambla de les floristes (1935), ademais dos poemas dramáticos La corona d´espines (1930) e El Cafè de la Marina (1933). A súa novela Vida privada (1932) constitúe unha crónica costumista e proustiana da decadencia da aristocracia barcelonesa. Tradutor da Divina Comedia e do teatro de Shakespeare, adaptou con fortuna algunhas obras de Molière e Gogol’. Desta época tamén destacan as súas Memòries (1954)....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anemones, da familia dos sagártidos, da clase dos antozoos, cun disco sen ningunha outra orla máis ca a que forman os tentáculos externos. Son de talle grande (uns 90 mm), con columna maciza, cilíndrica e amarelada, e habitan xeralmente sobre as rochas e fendas onde se esconden algúns crustáceos anomuros.