Sagarra i de Castellarnau, Josep Maria de
Escritor. En 1914 publicou o seu Primer libre de poemes, ao que seguiron a peza teatral Rondalla d’ esparves (1918) e a novela Paulina Buxareu (1919). Da man de J. Ortega y Gasset entrou no xornalismo como correspondente en Berlín do diario madrileño El Sol. Autor dunha obra extensa e variada, cun estilo rico e vitalista, mesturou formulacións temáticas e técnicas do modernismo con outros máis populares. En poesía destacan Cançons d´abril i de novembre (1918) e El comte Arnau (1928); no teatro La Rambla de les floristes (1935), ademais dos poemas dramáticos La corona d´espines (1930) e El Cafè de la Marina (1933). A súa novela Vida privada (1932) constitúe unha crónica costumista e proustiana da decadencia da aristocracia barcelonesa. Tradutor da Divina Comedia e do teatro de Shakespeare, adaptou con fortuna algunhas obras de Molière e Gogol’. Desta época tamén destacan as súas Memòries (1954). Membro da Academia de Bones Lletres (1954), foi galardoado con varios premios literarios, como o Fastenrath (1926).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso