"Saint Kitts" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ILLAS
Illa das Pequenas Antillas que xunto coa illa de Nevis constitúe o estado de Saint Kitts e Nevis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado insular de América Central, situado ao SL das illas de Saba e Sint Eustatius, ao SO de Barbuda e ao NO de Antiga (269,4 km2; 46.111 h [2001]). A súa capital é Basseterre. Comprende as illas de Saint Kitts (176 km2; 34.930 h [2001]), Nevis (93 km2; 11.181 h [2001]) e o illote deshabitado de Sombrero. Nevis está rodeada dun escudo de coral e ambas as dúas illas son de orixe volcánica e montañosas (monte Misery, 1.156 m de altitude). O dominio climático é tropical. A economía baséase principalmente na agricultura, con cultivos de cana de azucre, cocos, patacas e mangos, complementada con gando ovino, cabrún e bovino. A pesca cobre o consumo, pero en conxunto a produción de alimentos é tan deficitaria que hai que importalos. A industria está resentida pola falta de minerais e electricidade procedente exclusivamente do petróleo importado, e baséase na transformación de produtos agrarios como azucre e subprodutos, cervexa e outras bebidas. Nevis...