"Sakhalin" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ de Sakhalin, Rusia (181.000 h [1997]). Destaca na súa economía a industria papeleira, de mobles e produtos alimentarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do mar de Okhotsk (76.400 km2), situada en Rusia, separada do continente asiático, no O, polo estreito de Tartaria e a illa de Hokkaidō (Xapón), e ao S, polo estreito de La Pérouse. Posúe depósitos de petróleo, gas, carbón, mercurio, ouro e platino. Poboada nun 80% por rusos, hai minorías de ucraínos, bielorrusos, coreanos, tártaros e outros. Colonizada polos xaponeses no s XVIII, foi repartida entre uns e outros, ata que, despois da Segunda Guerra Mundial, Xapón tivo que darlle á URSS a metade meriodional que posuía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (87.100 km2; 608.300 h [estim 1999]), formado pola illa homónima e as illas Kuriles. A súa capital é Južno-Sakhalinsk.