Sakhalin
Sakhalin
Illa do mar de Okhotsk (76.400 km2), situada en Rusia, separada do continente asiático, no O, polo estreito de Tartaria e a illa de Hokkaidō (Xapón), e ao S, polo estreito de La Pérouse. Posúe depósitos de petróleo, gas, carbón, mercurio, ouro e platino. Poboada nun 80% por rusos, hai minorías de ucraínos, bielorrusos, coreanos, tártaros e outros. Colonizada polos xaponeses no s XVIII, foi repartida entre uns e outros, ata que, despois da Segunda Guerra Mundial, Xapón tivo que darlle á URSS a metade meriodional que posuía.