"Salónica" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • santa (s II - III) Mártir. Foi martirizada no 304, a consecuencia de gardar as Sagradas Escrituras así como diversos pergameos cristiáns na casa dos seus pais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós homónimo, Macedonia, Grecia (377.951 h [1981]). Está situada no centro do golfo de Tesalónica. É un núcleo industrial moi desenvolvido con industrias téxtiles e metalúrxicas. Ata a Idade Media foi coñecida co nome de Tesalónica. Fundada en 315 a C por Casandro, preto da antiga Therme, para adorar a súa muller Tesalónica, irmá de Alexandre o Grande, deseguido foi o porto militar por antonomasia de Macedonia e, despois da conquista romana, un centro comercial e de comunicacións de primeira orde. Converteuse na cidade máis importante da península dos Balcáns e non cesou de medrar ata o momento da fundación de Constantinopla. Sé episcopal desde o s I, durante o s III sostivo diversos ataques e sitios dos godos (252, 262, 269). Teodosio I castigou duramente a revolta de 390 e, gradualmente, foi decaendo e converteuse nun centro de importancia menor, ameazado continuamente polos búlgaros, eslavos, godos, hunos, ávaros e normandos. Conquistada polos croatas latinos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Macedonia, Grecia (3.683 km2; 947.864 h [1991]). A súa capital é Salónica.

    VER O DETALLE DO TERMO