"Salomon" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Político. Educouse en Oxford. Nos anos vinte iniciou a súa andaina política fundando en 1937 o Partido Maha Sinhala. Integrado despois no Partido Nacional Unido, dirixido por Senanavake, foi nomeado ministro de Sanidade e de Goberno Local (1948-1951). En 1951 dimitiu e fundou un novo movemento, o Partido Cingalés Socialista pola Liberdade. Por medio dunha fronte popular conseguiu triunfar nas eleccións de 1956 e converteuse en primeiro ministro (1956-1959). Levou a cabo unha política exterior neutralista e, no interior, favoreceu os srilankeses en detrimento das etnias minoritarias. Nun momento de axitación e crise política, foi asasinado por un bonzo extremista, Talduwec Somarana Thero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi un dos últimos representantes do estilo renacentista francés. En 1608 foi nomeado arquitecto da coroa. Traballou no castelo de Montceaux-lés-Meaux e edificou o Coulommiers, iniciado en 1613 e derrubado nos tempos de Luís XIV. Entre 1615 e 1630 levantou o palacio de Luxemburgo en París. Realizou tamén o acueduto de Arcueil (1624).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. De nome Salomon ben Josua, o seu Versuch Über die Transzendentalphilosophie (Ensaio sobre a filosofía transcendental, 1790), foi calificado por Kant como a crítica máis aguda á súa filosofía. Ademais de comentarios sobre Aristóteles, Maimónides e Bacon, escribiu Versuch einer neuen Logik oder Theorie des Denkens (Ensaio dunha nova lóxica ou teoría do pensamento, 1794), Kritische Untersuchungen Über den menschlichen Geist (Investigacións críticas sobre o espírito humano, 1797) e unha autobiografía (1792).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido tamén como Ansky, máis que polas súas narracións en lingua jiddisch fíxose famoso co drama Dibbuk (1916), que ofrece unha rica galería de costumes xudaicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e filólogo francés. Foi profesor na École du Louvre e na École Française d’Athènes e director do Musée des Antiquités Nationales en Saint-Germain-en-Laye (1902-1932). Foi autor de numerosos traballos eruditos e, entre outras obras, de Apollo, histoire générale des arts plastiques (1904) e Orpheus, histoire générale des religions (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do hebreo Shelômôh, a través do latín eclesiástico Salomon, ‘amante da paz, feliz’, de shâlôm, ‘paz, saúde, felicidade’. De aquí procede tamén o nome persoal árabe e turco Sulaymân (Solimán).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Israel (970-931 a C), fillo de David e de Betsabé. O seu reinado foi próspero para Israel, fomentou as relacións con Exipto, Arabia, Fenicia, Edom e Damasco e non emprendeu ningunha guerra. Construíu o templo de Xerusalén e a tradición bíblica atribúelle varios libros sapienciais, de época moi posterior á súa, como o Cantar dos cantares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Pioneiro do fotoxornalismo moderno, doutorouse en Dereito (1913) e comezou tomando imaxes nos tribunais (1927) cunha cámara Ermanox, coa que retrataba sen ser advertido. Retratou (1930) a parte menos coñecida do mundo político e cultural en Alemaña, Francia, Inglaterra e EE UU, e traballou para a editorial Ullstein (1918-1925) e as publicacións Berliner Illustrierte Zeitung, Fortune ou New York Times. Emigrado en Holanda (1934) pola persecución nazi, foi detido en Amsterdam e executado en Auschwitz (1944). Publicou Berühmte Zeitgenossen in Unbewachten Augenblicken (1931) e a Deutsche Geselischaft für Photographie creou uns premios co seu nome (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago de Melanesia, no Pacífico suroccidental, formado por unha dobre aliñación montañosa con dirección NO-SL (39.061 km2). As principais illas son Bougainville, Choiseul, Santa Isabel, Malaita, Guadalcanal, San Cristobal, Buka e New Georgia. Todas pertencen ao estado das Illas Salomón, agás Buka e Bougainville que forman parte de Papua Nova Guinea. De clima ecuatorial, están cubertas de bosques espesos e sabana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Estado insular do SO de Oceanía, ao L de Papua Nova Guinea (28.370 km2; 460.000 h [estim 2001]. A súa capital é Honiara (43.643 h [1996]).
    Xeografía
    A maioría das illas que compoñen este estado son de orixe volcánica e montañosas. A máxima altitude é Guadalcanal con 2.440 m. O clima é ecuatorial e a pluviosidade é abundante. As chuvias, moi frecuentes, provocan a erosión do solo. Os arrecifes de coral están sendo fortemente danados. A pesca de atún e a agricultura de subsistencia constitúen as actividades tradicionais. Os principais cultivos son a palma de aceite, a copra, os cocos, o cacao, o arroz e a batata. A gandaría está composta por gando porcino e ovino. Existen xacementos de ouro. As manufacturas limítanse á elaboración de aceite de palma, copra, tabaco e peixe. Honiara é o primeiro porto e aeroporto do estado. A moeda é o dólar das illas Salomón. País pouco poboado (16,2 h/km2), presenta un alto crecemento natural (31,8‰).
    ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Salomón ou á súa dinastía.

    2. Membro dunha dinastía dos negus de Etiopia inaugurada por Yekuno Amlad (1270-1285), que defendía a súa descendencia do Rei Salomón e da raíña de Saba.

    3. Xuízo sabio e imparcial, incluso ríxido na súa imparcialidade, como o que lle fixo Salomón a dúas prostitutas que reclamaban como fillo propio un mesmo neno acabado de nacer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Menaem ben Šelomó Meiri.

    VER O DETALLE DO TERMO