"Samoa" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • ENTRADA LARGA

    Estado de Oceanía, situado en Polinesia, ao NL das illas Fixi, na metade occidental do arquipélago samoano, abrangue dúas illas maiores; Savai’i e Upolu e numerosos illotes dos que tan só dous, Apolima e Manono, están habitados (2.831 km2; 179.000 h [estim 2001]). A súa capital é Apia, na illa de Upolu.
    Xeografía
    De orixe volcánica, agás os atois coralinos, ten un relevo montañoso, onde a máxima altitude é o monte Silisili (1.858 m), situado na illa de Savai’i. Os solos son fértiles, sobre todo nas zonas chairas. O clima é tropical, húmido, con altas temperaturas (22°C de media anual), escasa amplitude térmica e precipitacións abundantes (superiores aos 5.000 mm anuais). Non existen ríos caudalosos. A agricultura e os servizos son as principais actividades. Cultívanse cocos, taro, copra, bananas, e outras froitas tropicais, e críase gando porcino e aves de curral. A pesca está adquirindo certa importancia. No sector industrial, a produción de madeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illas orientais do arquipélago de Samoa, que forman un territorio non incorporado de EE UU (199 km2; 68.000 h [estim 2001]). A súa capital e Pago Pago (9.000 h [1994]) e a residencia do goberno está en Fagatogo (2.323 h [1990]). Inclúe as illas Tutuila co illote Aunu’u, o grupo de Manua e o atol de Rose. Son as menos poboadas de Samoa. O 96,6% da exportación (absorbida por EE UU) é de atún en conserva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu ata 1997 o estado de Samoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do Océano Pacífico, na Polinesia, situado ao S do ecuador (3.041 km2). Consta de seis illas e numerosos illotes formados por picos emerxidos dunha cordilleira volcánica. Administrativamente está dividido no estado independente de Samoa e en Samoa Americana, dependencia de EE UU. En 1830 un misioneiro inglés, John Williams, visitounas. A finais do s XIX, Alemaña, Reino Unido e EE UU obtiveron certos privilexios para os seus súbditos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás illas Samoa, aos seus habitantes ou a súa lingua.

    2. Natural ou habitante das illas Samoa.

    3. Lingua malaio-polinesia do phylum áustrico que se fala nas illas Samoa.

    VER O DETALLE DO TERMO