Samoa Americana

Samoa Americana

Illas orientais do arquipélago de Samoa, que forman un territorio non incorporado de EE UU (199 km2; 68.000 h [estim 2001]). A súa capital e Pago Pago (9.000 h [1994]) e a residencia do goberno está en Fagatogo (2.323 h [1990]). Inclúe as illas Tutuila co illote Aunu’u, o grupo de Manua e o atol de Rose. Son as menos poboadas de Samoa. O 96,6% da exportación (absorbida por EE UU) é de atún en conserva.

Palabras veciñas

samnita | samo | Samoa | Samoa Americana | Samoa Occidental | Samoa, illas | samoano -na