samnita

samnita

(< topónimo Samnio)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo samnita.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo samnita.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo itálico que habitou na antiga rexión de Samnio e nas zonas adxacentes. Segundo a tradición, chegaron xunto cos sabinos ao país dos opici e deron lugar a un pobo novo, o dos oscos, unha vez rematada a conquista de Campania. Lingüisticamente, constituíron o grupo meridional da familia do oscoumbro. Fixeron unha alianza cos romanos, despois de loitar contra eles durante as Guerras Samnitas.

Palabras veciñas

Sāmkhya | Sammartini, Giovanni Battista | Samnio | samnita | samo | Samoa | Samoa Americana