"Sampaio" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pontevedra. Datada na segunda metade do s XII, ten unha soa nave e ábsida rectangular con dous arcos faixóns de estilo románico tardío e cuberta cunha bóveda de canón. Conserva elementos románicos en dúas portas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello anexionado ao de Pontevedra en 1960, que se converteu en parroquia do mesmo. Durante o Antigo Réxime, Pontesampaio foi xurisdición da provincia de Santiago e abranguía as parroquias de Canicouba e Pontesampaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar no antigo concello de Pontesampaio (hoxe parroquia de Ponte Sampaio no concello de Pontevedra) entre o exército francés ao mando do mariscal Michel Ney e un grupo de veciños e tropas lideradas por P. Morillo e o conde de Noroña durante os días 7 e 8 xuño de 1809. As forzas locais cortaron as pontes de Ponte Caldelas e Sampaio sobre o río Oitavén e dispuxéronse nos vaos do río á espera dos franceses, que chegaron o día 7. O exército francés, integrado por 8.000 infantes e 1.200 soldados de cabalaría, despois de comprobar que as pontes estaban rotas e os vaos ocupados, iniciaron un enfrontamento de artillaría. O día 8 o mariscal deu a orde de atacar polo vao de Ponte Caldelas e polo río, preto de Sampaio, pero foron rexeitados polos galegos despois de sufrir importantes perdas. Fronte á imposibilidade de atravesar o río sen sufrir baixas, o mariscal Ney ordenou a retirada e volveron cara á Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Paio de Senra (Rodeiro). O seu cumio acada os 857 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo axadrezado de ouro e azul, de sesenta e catro pezas (8 x 8). Tamén aparece a forma castelanizada Sampayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Pertenceu á ala esquerda do liberalismo e foi moi combativo nos seus escritos, que publicou desde 1840 no xornal Revolução de Setembro, entre outros. Desde 1851 dedicouse á política como deputado, ministro do Reino (1871-1877) e primeiro ministro (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou nos movementos contrarios ao ditador António de Oliveira Salazar. En 1988 foi elixido secretario xeral do Partido Socialista Português (PSP). Candidato para as eleccións xerais de 1991, onde o PSP foi derrotado, foi substituído por António Manuel de Oliveira Guterres. Alcalde de Lisboa (1989-1996), desde 1996 é presidente da república. Escribiu A Festa de Um Sonho (1991), Um Olhar sobre Portugal (1995) e Quero Dizer-vos (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Verdugo entre as parroquias de Ponte Sampaio (Pontevedra) e Arcade (Soutomaior). Trátase dunha ponte de dez arcos de medio punto e oxivais con rasante horizontal, construída en pedra nos ss XIV-XV. Atópase na antiga estrada de Pontevedra a Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO