Sampaio, ponte

Sampaio, ponte

Construción situada sobre o río Verdugo entre as parroquias de Ponte Sampaio (Pontevedra) e Arcade (Soutomaior). Trátase dunha ponte de dez arcos de medio punto e oxivais con rasante horizontal, construída en pedra nos ss XIV-XV. Atópase na antiga estrada de Pontevedra a Tui.