"Samuel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
PERSOEIRO
Político estadounidense, un dos promotores da independencia das Trece Colonias. Foi Gobernador de Massachussetts (1794-1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo australiano. Profesor en Manchester (1893-1924). O seu pensamento forma parte do movemento realista principiado con Moore, Russell e o neorrealismo. Escribiu Moral Order and Progress (1888), Space, Time and Deity (1920) e Beauty and Other Forms of Value (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Viaxeiro e explorador. Estudiou en Inglaterra e Alemaña. En 1861 comezou as súas exploracións en África. Explorou o Atbara e o Nilo Branco. En 1864 descubriu o lago Alberte e en 1869, por encargo do kediv de Exipto, traballou pola supresión do comercio de escravos e pola anexión dos territorios explorados durante catro anos. Publicou diversos libros sobre as súas viaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor norteamericano. O seu tradicionalismo romántico inicial evolucionou a partir do 1940, e adoptou unha escritura máis persoal dentro da liña de Stravinsky. Compuxo música orquestral e de cámara, o ballet Medea (1946), a cantata Prayers of Kierkegaard (1958), e entre outras a ópera Anthony and Cleopatra (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista e compositor norteamericano. Realizou estudios en Harvard, París, New York e Roma. Compuxo a primeira ópera de autor norteamericano representada na Opera-Comique de París, titulada Mon ami Pierrot (O meu amigo Pierrot, 1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e novelista angloirlandés autoexiliado en Francia desde 1937. Iniciou a súa carreira como autor dramático trala estrea de En Attendant Godot (París,1953). Este espectáculo, baseado nunha peza homónima da súa autoría, presentouse en Londres en 1955 co título de Waiting for Godot. Desde un primeiro momento a súa obra foi equiparada á de Eugène Ionesco, Arthur Adamov ou Harold Pinter, e enmarcouse no movemento que o crítico británico Martin Esslin denominaría “teatro do absurdo”. Autor dunha obra tan breve como significativa, Beckett comezou a escribir literatura dramática despois de publicar a célebre triloxía de novelas Malloy, Malone Dies e The Unnamable, onde aparecen temáticas que se converterían en recorrentes e onde se aprecia a pegada existencial e estilística do seu amigo e mestre James Joyce, ben que no eido dramático non se pode esquecer a influencia de William Butler Yeats, T. S. Eliot, Jean Paul Sartre ou Albert Camus. Con...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Autor teatral, a súa dramaturxia desenvólvese nun clima aparentemente superficial: The Second Man (O segundo home, 1927), End of Summer (Fon de verán, 1936), The Cold Wind and the Warm (Vento frío e temperado, 1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Especializouse na Arqueoloxía exipcia e foi un destacado orientalista. En 1861 foi nomeado conservador do British Museum e en 1870 fundou a Society of Biblical Archaeology.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. No ano 1976 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con D. C. Gajdusek polos seus traballos sobre as proteínas séricas como marcadores xenéticos. Estas investigacións levárono ao descubrimento do antíxeno chamado Australia, e a súa relación coa hepatite vírica B.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Estivo ao servizo da duquesa de Kent e de diversos cabaleiros defensores da causa puritana que serviron de modelo para o poema heroico-cómico Hudibras (1663-1678), inspirado parcialmente no Quixote, no que se satirizaba o puritanismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Estudiou en Cambridge e posteriormente emigrou a Nova Zelanda. En 1864 retornou a Londres e dedicouse á pintura, música e bioloxía. En 1872 publicou, de forma anónima, a súa sátira Erewhon, nome dun país fabuloso concibido como antítese da sociedade vitoriana; a súa outra novela The Way of all Flesh (O destino de toda persoa, 1903), ten a mesma intención satírica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e colonizador francés. Na primeira expedición a Nova Francia (1603) explorou o río San Lourenzo ata a actual Montreal; na segunda, en 1604, explorou a costa atlántica ata Cape Cod. Intentou establecer unha colonia (Port Royal) en Nova Escocia. En 1608 volveu a Canadá e fundou a colonia de Québec. No curso dunha expedición contra os iroqueses descubriu o lago que leva o seu nome. Estableceu unha factoría na actual Montreal e foi nomeado lugartenente do príncipe de Condé en Nova Francia. No ano 1629 capturárono e tivo que render Québec aos ingleses.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e teólogo anglicano. A súa investigación baseouse na demostración da existencia de Deus desde a razón pura. Defendeu a física de Newton, da que aproveitou os conceptos de tempo e espazo infinito, como atributos da divindade. Entre as súas obras destaca A Demostration of the Being and Attributes of God (Tratado da existencia e atributos de Deus, 1705).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, crítico e ensaísta inglés. Colaborou con William Wordsworth en Lyrical Ballads (Baladas líricas), obra fundamental do romanticismo inglés que incluía unha das súas obras mestras, o poema “The Ancient Mariner” que xunto con “Kubla Khan” e a primeira parte do “Christabel”, do mesmo período, representa o punto máis álxido do seu talento poético, cunha complexidade simbólica e unha vontade de entregarse ao insconciente que parecen anticipar as descobertas do simbolismo e do surrealismo. Unha viaxe por Alemaña (1797-1798) púxoo en contacto coa filosofía idealista de Kant e Schelling, que influíu sobre a parte máis intelectual da súa obra. Destaca tamén a súa Biographia literaria (1817), en forma de autobiografía espiritual. As súas conferencias sobre Shakespeare foron revolucionarias e estableceron dun só golpe a técnica de interpretación psicolóxica dos personaxes que determinou unha gran parte da crítica moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor norteamericano. En 1835 obtivo a patente de fabricación do revólver colt, unha arma de repetición de cilindro xiratorio que dispón de diversas cámaras. Dous anos máis tarde construíu unha carabina coas mesmas características e en 1843 unha mina submarina, o primeiro aparello explosivo por control remoto. A partir de 1852, instaurou un sistema de produción en serie para as súas armas. Na súa fábrica puxéronse en marcha unha serie de ideas progresistas para favorecer a organización laboral e a defensa dos traballadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Miniaturista e pintor. Discípulo do seu tío John Hoskins, traballou para Oliver Cromwell e Carlos II de Inglaterra, de quen fixo retratos en miniatura. A súa obra caracterizouse polo uso barroco da cor e da pincelada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tecedor e mecánico inglés. En 1779 construíu unha máquina de fiar algodón que, mediante a combinación de elementos da spinning-jenny de Hargreaves e da water-frame de Highs, producía un fío fino e forte ao mesmo tempo, apto para a fabricación de toda clase de tecidos. Polo seu carácter híbrido recibiu o nome de mule-jenny.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Armador canadense. Iniciou a navegación transatlántica de vapor e foi un recoñecido armador de barcos de vela. En 1838 conseguiu o monopolio do correo entre Reino Unido e os EE UU. Por iniciativa súa, en febreiro de 1840 botouse ao mar o Britannia, o primeiro dos catro buques correo da súa compañía que partiu de Mersey o 4 de xullo do mesmo ano e arribou catorce días máis tarde a Boston.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Traduciu a Tasso e imitou a súa poesía en Delia (1592) e Complaint of Rosamund (O lamento de Rosamunda, 1592). Escribiu ensaios en defensa da cultura, traxedias clásicas e traxicomedias pastorais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político liberiano. Membro da tribo dos krahn, integrouse no exército e ascendeu ata o posto de sarxento maior. Dirixiu un golpe de estado contra o presidente William Tolbert (1980), asumiu o liderado de Liberia e puxo fin ao dominio político da minoría de orixe afroamericana. En 1981 nomeouse xeneral e permaneceu á fronte dun goberno militar ata que o disolveu en 1985. Foi elixido presidente dun goberno democrático nunhas eleccións marcadas pola fraude. Durante a súa presidencia, na que mantivo unha dura represión cos grupos opositores, o seu anticomunismo foi recompensado cunha importante axuda económica dos EE UU. En 1989 produciuse unha sublevación dos grupos mande e gio na rexión de Nimba, que reprimiu co exército tribal krahn. Como resposta, produciuse unha sublevación xeral, mentres a Fronte Nacional Patriótica de Liberia, unha guerrilla dirixida por Charles Taylor e integrada polos mande e os gio, invadiu o país. Os afroamericanos, os krahn e os mandinga,...
VER O DETALLE DO TERMO