Marasmius
Marasmius
[FUNGO]
Xénero de basidiomicetos agaricais, da familia das tricolomatáceas, que presentan sombreiro carnoso, delgado e flexible, láminas elásticas e esporas de cor branca. En Galicia están presentes distintas especies, das que destacan M. androsaceus, M. oreades, M. rotula e M. hudsonii.