marasmo

marasmo

(< lat tardío marasmu < grμαρασμός)

  1. [PAT]
    1. s m

      Extenuación ou consumición extrema do corpo como consecuencia dunha enfermidade crónica, infecciosa ou tumoral.

    2. marasmo senil

      Atrofia normal dos tecidos na vellez.

  2. s m

    Falta de vontade ou ánimo.

    Ex: Desde a morte de seu pai está sumido nun marasmo profundo.

    Sinónimos: desalento, desánimo.
  3. s m

    Suspensión ou paralización dunha actividade.

    Ex: Co afundimento do petroleiro a pesca sufriu un gran marasmo.

  4. s m

    Desorde ou confusión de gran magnitude.

    Ex: Non foi posible entrar no concerto polo marasmo de xente que había.

Palabras veciñas

Maraş | Marasmiellus | Marasmius | marasmo | marasquino | Marat, Jean-Paul | maratha