"San Marcos" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Corcubión. Construíuse no último terzo do s XV en estilo gótico mariñeiro. Presenta unha planta de nave única, con cuberta de madeira a dúas augas, e capela maior de planta rectangular cuberta con bóveda de crucería. No s XVIII ampliouse a igrexa coa construción de dúas capelas aos lados da nave: a capela da Nosa Señora das Mercedes e a capela do Carme (1715). A fachada reconstruíuse en estilo neogótico, segundo a traza de Rodríguez Sesmero (1885). A porta orixinaria consérvase trala nova fachada. No interior destaca unha imaxe de san Marcos de finais do s XV ou comezos do s XVI atribuída a un artista do norte de Italia. O evanxelista está sentado nunha cadeira, ornamentada coas armas dos Altamira no apoio e cun león nos pés, e aparece vestido como o prototipo de home renacentista na actitude de escribir o seu Evanxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, drenado polo río Genil, no límite con Córdoba (4.079 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura, na que destacan os cultivos de cereais e hortalizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence ao sistema montañoso da serra de Vilanova, situado na parroquia de Bobadela (Celanova). O seu cumio acada os 621 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de San Miguel de Presqueiras, Ventoxo e A Madanela de Montes (Forcarei). O seu cumio acada os 674 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Bando (Santiago de Compostela), situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, a escasos quilómetros da capital galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (3.791 km2; 794.951 h [2002]). A súa capital é San Marcos (36.325 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO