"San Roque" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • San Roque de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Pontevedra. Localízase no barrio de San Roque, que se corresponde coa Moureira de Abaixo, relacionado co barrio da Moureira, onde residía o Gremio de Mareantes. O primitivo templo erixiuse nas Corbaceiras, preto do porto, para protexer a cidade dos efectos mortais dos barcos infectados de peste, pois san Roque está considerado como o avogado contra a peste. En 1861 a capela trasladouse á súa actual localización. Ten planta cadrada con nave única. Destaca a torre campanario situada na portada principal e unha imaxe de san Roque situada nun lateral exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Traba no concello de Coristanco onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado no Campo de Gibraltar, na baía de Algeciras (23.436 h [2001]). É un centro agrícola e comercial, con industrias alimentarias e de materiais para a construción. Destaca tamén a pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Crespos, capital do concello de Padrenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Fundado polo arcebispo Francisco Blanco en 1577 para acoller os enfermos de peste, foi obra de Gaspar de Arce e reedificouse no s XVIII. Conserva a capela de nave única e ábsida poligonal. Destaca a portada, estruturada nun arco de medio punto levantado sobre pilastras toscanas e rematada cun frontón triangular baixo o que se abren dúas fornelas coas imaxes dos santos Cosme e Damián. O claustro é dórico e ten catro arcos en cada lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • INSUAS

    Insua situada no río Miño, que forma o límite O da parroquia de Cela (Outeiro de Rei).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sárdoma (Vigo). Construído no s XVII, ten planta rectangular, próxima ao cadrado, con dúas alturas e remata con ameas. Na fachada destaca unha torre redonda pola que se accede, percorrendo un pasadizo disposto sobre un arco, á capela de San Roque, de planta rectangular. É o lugar de celebración dunha romaría na honra de san Roque, patrón da cidade, o 16 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO