San Roque
San Roque
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado no Campo de Gibraltar, na baía de Algeciras (23.436 h [2001]). É un centro agrícola e comercial, con industrias alimentarias e de materiais para a construción. Destaca tamén a pesca.