"San Simón" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Denominación de Orixe creada pola Orde de 20 de abril de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. É unha variedade de queixo que se elabora nas parroquias de San Simón da Costa, Samarugo e Vilapedre, e no barrio de Moreda da parroquia de Lanzós, pertencentes ao concello de Vilalba, e nas parroquias da Balsa e do Viveiró, no concello de Muras. Toma o seu nome da parroquia vilalbesa de San Simón da Costa, que constitúe o seu punto de orixe. Presenta unha forma intermedia entre buxaina e bala cunha codia afumada e algo graxa. A súa pasta é semidura, con fendas, preta e de cor entre branca e amarela. A característica fundamental deste queixo é o seu afumado, despois do período de maduración que é de sesenta días, que se realiza de forma artesá con madeira de bidueiro. É un queixo entre un 45% e un 60% de materia graxa que se comercializa en dous tamaños distintos, ordinario e bufón, de menor peso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Covelo (Palas de Rei) e Marzán (Monterroso). O seu cumio acada os 706 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Simón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Espazo natural de 2.700 ha situado no fondo da ría de Vigo limitado polo estreito de Rande. Nel está situada a illa de San Simón e desembocan os ríos Alvendosa, Ponte Nova e Verdugo. Baña as costas dos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. O espazo intermareal forma parte da Rede Natural 2000 desde 2001. Está formado por superficies de lama e areas cubertas por pradarías de algas e uceiras. Faunisticamente destaca a poboación de anátidas e a presenza de limícolas durante os pasos migratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Pequena illa situada na enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo, na parroquia de Cesantes (Redondela). De 250 m de longo e 84 de ancho, é pouco elevada e escarpada no litoral. Orixinariamente eran dúas illas, San Simón e Santo Antonio, que máis tarde se uniron por unha ponte. Pertenceu á orde do Temple desde o s XII ata o s XIV e as súas dependencias foron ocupadas polos franciscanos, que sufriron o saqueo de F. Drake en 1589. En 1598 instaláronse monxes procedentes de San Xoán de Poio que reconstruíron o vello convento. Anos despois regresaron os franciscanos ata que en 1702, despois da Batalla de Rande, o convento foi destruído. Reedificado de novo, permaneceron nel ata que se trasladaron en 1809 a Agrelo. En 1830 aprobouse este emprazamento para usalo como lazareto da cidade de Vigo. Na illa de Santo Antonio estaban os enfermos sen cura e na de San Simón os que poderían curarse. Durante a Guerra Civil e ata 1943 foi cárcere e despois albergue e fogar para orfos de mariñeiros. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción que une as illas de San Simón e Santo Antonio no fondo da ría de Vigo, en Cesantes (Redondela). Construída no s XIX en cantaría, ten tres arcos rebaixados e fitos nos accesos.

    VER O DETALLE DO TERMO