San Simón, enseada de
San Simón, enseada de
Espazo natural de 2.700 ha situado no fondo da ría de Vigo limitado polo estreito de Rande. Nel está situada a illa de San Simón e desembocan os ríos Alvendosa, Ponte Nova e Verdugo. Baña as costas dos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. O espazo intermareal forma parte da Rede Natural 2000 desde 2001. Está formado por superficies de lama e areas cubertas por pradarías de algas e uceiras. Faunisticamente destaca a poboación de anátidas e a presenza de limícolas durante os pasos migratorios.