"Sandoval" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Nueva España (1688-1696) e conde de Galve, fillo do cuarto duque de Pastrana e de Catalina de Mendoza, duquesa do Infantado. Durante o seu goberno enfrontouse aos ataques franceses en Texas (1690) e na illa de La Española (1692), sufocou con dureza unha rebelión da poboación indíxena na cidade de México motivada pola fame e pacificou Nuevo México en 1692. Antes de cesar nas súas funcións, fortificou a baía de Pensacola, en Florida, coa creación do núcleo da actual cidade no 1696. Posteriormente, volveu a España e morreu ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1598-1618), quinto marqués de Dénia, conde e duque de Lerma, conde de Ampudia (1602-1625), grande de España e cardeal (1618-1625), fillo do cuarto marqués de Dénia. Xentilhome da cámara de Filipe II, foi nomeado vicerrei de València (1595-1597). Trala morte do monarca (1598), Filipe III confioulle todos os asuntos de Estado, co que se iniciou o réxime de validos dos Austrias. A súa política interior estivo dirixida ao enriquecemento e engrandecemento persoal, para o que creou unha importante rede de clientelismo mediante a venda de títulos e favores. Foi tamén o artífice da expulsión dos mouriscos (1609-1610) e da política pacifista do monarca, que levou a Castela a asinar a paz con Francia (1601), Inglaterra (1605) e os Países Baixos (Tregua dos Doce Anos). Os escándalos financeiros e a crecente oposición dentro da corte, liderada polo seu fillo, a Raíña Margarida e o confesor real, Luis de Aliaga, precipitou a súa caída (1618). Tras abandonar a corte foi elixido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1618-1621), primeiro duque de Uceda (1609) e marqués e duque de La Cea, fillo do duque de Lerma. Trala caída do seu pai (1618) ascendeu ao cargo de valido. Durante o seu goberno, influenciado por Luis de Aliaga e Baltasar de Zúñiga, reanudou a política bélica exterior, coa participación de Castela na primeira fase da Guerra dos Trinta Anos, e apoiou os intereses da nobreza latifundista. Á morte de Filipe III (1621), foi procesado e desterrado da corte polo novo monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso, fillo de Lope de Moscoso Osorio, conde de Altamira e sobriño do duque de Lerma. Como segundo fillo desta familia nobre, nomeárono cardeal en 1615. Foi bispo de Jaén (1619) e arcebispo de Toledo en 1646. En Santiago de Compostela axudou aos dominicanos a reabrir o Estudio Xeral (1665), para o que doou importantes cantidades, que serviron para construír novas dependencias e a fachada pincipal de San Domingos de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta chileno. De tendencia vangardista, utilizou nas súas obras unha linguaxe simple e directa cargada de ironía. Co paso dos anos adoptou unha liña que el mesmo cualificou de “antipoesía”. Da súa produción destacan Cancionero sin nombre (1937), Poemas y antipoemas (1954), Obra gruesa (1969, Premio Nacional de Literatura de Chile) e Coplas de Navidad (1983) e Poemas para combatir la calvicie (1993). Doutor honoris causa polas universidades de Brown (EE UU), Concepción (Chile) e Bío-Bío (Chile), recibiu o Premio Internacional Juan Rulfo (1991) e o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e artista chilena. Coñecida como Violeta Parra e de familia humilde, aos doce anos compuxo as súas primeiras melodías. Desde 1952 dedicouse a percorrer zonas rurais para recompilar e gravar música folclórica. Coas súas melodías, de profundo contido humano, conseguiu redescubrir aspectos da cultura popular e borrar algunhas das visións estereotipadas de América Latina. En 1954 viaxou por Europa, onde gravou diversos discos, nunha viaxe que repetiu en 1961, desta volta acompañada dos seus fillos e cos que ofreceu diversos recitais, entre outros, na UNESCO. Iniciada no mundo da pintura, especialmente o óleo, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular de Concepción e foi a primeira artista sudamericana en expoñer individualmente no Museé Des Arts Décoratifs Palais du Louvre (1964). Recibiu o Premio Caupolicán como mellor folclorista (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre de Castela que tomou o seu nome do señorío de Sandoval, preto de Burgos. Dos seus membros destacaron Diego Gómez de Sandoval y Rojas (?-1454), primeiro conde de Castrojeriz e adiantado maior de Castela; Francisco Gómez de Sandoval y Rojas (1553-1625), valido de Filipe III, primeiro duque de Lerma; e Cristóbal Gómez de Sandoval y de la Cerda (?-1624), valido de Filipe III e primeiro duque de Uceda. O seu escudo trae por armas, en campo de ouro, unha banda de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristóbal Gómez de Sandoval Rojas y de la Cerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Gómez de Sandoval Rojas y de Borja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e historiador. Monxe beneditino, foi bispo de Tui (1608-1612) e Pamplona (1612-1620). Escribiu Antiguedad de la ciudad y iglesia catedral de Tuy y de los Obispos que se save aya auido en ella: sacada de los concilios y cartas reales y otros papeles (1610).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, V duque de Osuna e duque consorte de Uceda, marqués de Peñafiel e marqués consorte de Frómista, conde de Ureña. Loitou en Portugal (1657-1664), pero desprestixiouse coa derrota de Castelo Rodrigo de 1664. Foi gobernador de Milán (1670-1674).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e eclesiástico. Pertenceu á Inquisición de Toledo ata 1543 e foi destinado ao Consello de Indias, que presidiu (1564). Visitador do vicerrei (1544-1547) en Nueva España, promulgou as Leis Novas contra os encomendeiros. En España ocupou as chancelarías de Granada (1557) e Valladolid (1559), e os bispados de Osma (1567) e Plasencia (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO