"Santo Antonio" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Convento franciscano situado en Padrón. Foi fundado por frei Gonzalo Mariño e frei Pedro de Nemancos en 1396, e estivo baixo a advocación de san Francisco, ata que no s XVI pasou a santo Antonio. En 1701 converteuse en colexio de misioneiros dirixido polos padres franciscanos. Coa desamortización e exclaustración, a administración e o usufruto do convento pasaron ao concello de Padrón e a igrexa ao cabido compostelán. Foi Seminario Menor (1865-1884) da arquidiocese de Santiago de Compostela e en 1890 retornaron os franciscanos, que se trasladaron desde o convento de Louro (Muros) ao Colexio Seráfico ou ao Seminario Menor Franciscano. A igrexa é barroca do s XVIII. Ten planta cruciforme coas cubertas abovedadas. Conserva no interior retablos barrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Randín (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 841 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SL da parroquia de Xuvencos (O Saviñao). O seu cumio acada os 687 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada entre as puntas de Penacastelo e Palmeira, na parroquia de Céltigos (Ortigueira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Pequena illa situada na enseada de San Simón, ao fondo da ría de Vigo, que pertence á parroquia de Cesantes (Redondela). Está unida por unha ponte á illa de San Simón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Louredo (Mos). Orixinario do s XVI, reformouse no s XVIII. Ten planta rectangular e dúas alturas, con muros de cachotaría e acceso ameado. Conserva unha capela (XVI) e o muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Seixo ao seu paso por Cerdedo. De cantaría, ten dous vans con rasante alombada. Debe o seu nome a que facilita o acceso á capela de Santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO