"Sax" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 92.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade gnóstica. Semella que foi Basílides (s II a C), teórico do gnosticismo, quen expuxo a súa natureza e significación como deus supremo (identificable con Iavé, con Mitra e co Sol). O culto a Abrasax mantívose ata a Idade Media.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sächsische Akademie der Wissenschaften.
-
PERSOEIRO
Discípulo de Jean Buridan, continuou as súas investigacións sobre a “Teoría do ímpeto”. Foi profesor e reitor nas universidades de París e Viena, e Bispo de Halberstadt dende o ano 1366.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe consorte da Gran Bretaña (1857), segundo fillo do duque Ernesto de Saxonia-Coburgo-Gotha. Estudiou en Bruxelas e en Bonn. Casado (1840) coa raíña Victoria, curmá súa, influíu nos asuntos políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canal das Antillas que comunica o Atlántico co mar das Antillas, situado entre as illas Anguila e San Martín ao leste e as illas Verges ao oeste.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pobos anglosaxóns.
-
Relativo ou pertencente aos individuos de lingua e cultura inglesa, de procedencia inglesa.
-
-
Pobos xermánicos que invadiron Inglaterra no s V. Os pobos xermánicos ingleses, saxóns e xutos, establecidos en Inglaterra no s V, foron ao comezo designados comunmente como saxóns, aínda que o apelativo inglés se atopa xa en Tácito; no s VI Paz Diaca crea o termo para distinguir os saxóns de Inglaterra dos do continente. Despois dun longo período de vacilacións a expresión foi retomada por William Camden no 1586.
-
inglés.
-
Escritura usada polos pobos anglosaxóns entre os ss VI e XII. Coa difusión do Cristianismo, tomaron como modelo a letra dos manuscritos latinos importantes directamente, ou ben a través dos manuscritos irlandeses. Deriva da “nova cursiva romana”.
-
Literatura que se desenvolveu en diversos dialectos anglosaxóns en Inglaterra do s V ata o s XI, e que foi acantoada baixo a influencia anglonormanda. A primeira etapa (ss V ao VII), caracterizouse pola literatura pareomolóxica e a dos scopas. Na segunda (ss VII ao VIII), xurdiron elexías e cantos épicos como o Beowulf. Foi entón cando conviviu coa literatura latina provocada pola chegada do Cristianismo. A terceira (ss X-XI), estivo presidida polo reinado de Alfredo o Grande, quen impulsou as traducións e a redacción da Crónica anglosaxona, e na cuarta e derradeira etapa iniciouse a decadencia. A produción poética foi a que acadou un maior nivel literario; sen embargo, a influencia na creación da prosa inglesa foi decisiva durante o reinado de Alfredo o Grande.
-
-
PERSOEIRO
Elector de Saxonia (1553-1586). Protestante, coa súa actitude contribuíu poderosamente á Paz de Augsburgo (1555) e a establecer a fórmula de concordia entre os protestantes en 1580.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Alemaña (47.612 km2; 7.815.148 h [1997]). A capital é Hannover. Esténdese pola chaira do norte, e limita ao N con Slesvig-Holstein, Hamburgo e Mecklenburgo-Pomerania Occidental, ao L con Saxonia-Anhalt e o S con Turinxia, Hessen e Renania do Norte-Westfalia. A rexión da chaira do norte, incluída na gran chaira da Europa setentrional, ocupa a maior parte do estado. A rexión litoral está formada por depósitos morrénicos (marschen), da mesma orixe que os pólders holandeses. O sur do estado corresponde á rexión herciniana de Alemaña, área constituída por granito, gneises e xistos que afloran nos macizos, entre os que se atopan as concas recubertas por formacións sedimentarias. O land está regado polas concas do Ems, do Weser e do Elba. A economía baséase na agricultura (acelgas, patatas e cereais) no N do país, na gandería (no N e no O) e na industria. A Baixa Saxonia posúe depósitos minerais para prover unha importante industria, moi favorecida,...
-
-
Relativo ou pertencente á Baixa Saxonia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Baixa Saxonia.
-
-
PERSOEIRO
Gran duque de Saxonia-Weimar-Eisenach, fillo do duque Ernesto Augusto II e de Ana Amalia de Brunswick, rexente do ducado logo da morte do duque en 1758. Gobernou persoalmente desde 1775 e converteu a corte de Weimar no primeiro centro intelectual de Alemaña, con colaboradores como Goethe e Herder; ao mesmo tempo, promocionou a Universidade de Jena, onde ensinaron Schiller, Schelling e Hegel. Foi un dos líderes do Fürstenbund, ou Liga dos Príncipes, establecida por Federico II de Prusia para facer fronte a Xosé II. Participou co exército prusiano na guerra contra a República Francesa. Non obstante , unha vez que as tropas de Napoleón conquistaron Weimar, uniuse á Confederación do Rin, formada por todos os estados xermánicos baixo protección de Napoleón en 1806. Pola contra, en 1813 integrou no exército que se sublevara en Prusia contra a ocupación napoleónica. Polo Congreso de Viena (1814-1815), logrou a ampliación do seu estado e o título de gran duque. No ano 1816 concedeu a primeira constitución...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non se adapta ben a aquilo para o que está destinado.
-
Que ten pouca habilidade para facer algo.
-
Que anda mal vestido e non ten coidado de si mesmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que procede sen xuízo nin razón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitarlle o xugo aos animais.
-
-
Facer que algo deixe de estar axustado.
-
Saír do seu sitio algo que estaba axustado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desaxustar ou desaxustarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de dosar.
-
-
Acción de esaxerar.
-
Cousa que é esaxerada.
-
Aumento da escala vertical respecto da horizontal que se fai nos mapas en relevo e nos perfís topográficos para obter máis impresión do relevo.
-
-
-
de esaxerar.
-
Que excede os límites do razoable, da conveniencia ou do normal.
-
Que ou quen é propenso a esaxerar.
-
-
-
Presentar algo como máis grande ou máis importante do que é en realidade.
-
Facer que algo sobrepase os límites do que se considera normal ou adquira proporcións excesivas.
-
-
PERSOEIRO
Elector (1763-1806) e primeiro rei de Saxonia (1806-1827), fillo do elector Federico Cristián. Aliouse con Francia durante o Imperio de Napoleón I, quen o nomeou rei en 1806 e lle concedeu en 1813 o ducado de Varsovia. Fixérono prisioneiro os aliados en Leipzig (1813) e no Congreso de Viena devolvéuselle o seu reino, diminuído un terzo en favor de Prusia e sen o ducado de Varsovia, que pasou a Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO