Carlos Augusto I de Saxonia-Weimar-Eisenach

Carlos Augusto I de Saxonia-Weimar-Eisenach

Gran duque de Saxonia-Weimar-Eisenach, fillo do duque Ernesto Augusto II e de Ana Amalia de Brunswick, rexente do ducado logo da morte do duque en 1758. Gobernou persoalmente desde 1775 e converteu a corte de Weimar no primeiro centro intelectual de Alemaña, con colaboradores como Goethe e Herder; ao mesmo tempo, promocionou a Universidade de Jena, onde ensinaron Schiller, Schelling e Hegel. Foi un dos líderes do Fürstenbund, ou Liga dos Príncipes, establecida por Federico II de Prusia para facer fronte a Xosé II. Participou co exército prusiano na guerra contra a República Francesa. Non obstante , unha vez que as tropas de Napoleón conquistaron Weimar, uniuse á Confederación do Rin, formada por todos os estados xermánicos baixo protección de Napoleón en 1806. Pola contra, en 1813 integrou no exército que se sublevara en Prusia contra a ocupación napoleónica. Polo Congreso de Viena (1814-1815), logrou a ampliación do seu estado e o título de gran duque. No ano 1816 concedeu a primeira constitución liberal de Alemaña e protexeu a Burschenschaft, pero, ante a presión de Prusia, Austria e Rusia, tivo que moderar a súa política.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Weimar

  • Deceso