"Segade" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • GALICIA

    Poeta e narrador. Realizou estudios de Maxisterio na Escola Normal de Compostela e exerceu como mestre do Pósito de Pescadores da súa localidade natal. Malia non chegar a publicar ningún libro, deu a coñecer algúns poemas na prensa da época da man de Faustino Rey Romero, quen incluíu unha escolma da súa poesía na revista bonaerense Lar (1952). En África cofundou xunto con Rafael Dieste e Xesús Romero Suárez a revista Charamuscas (Abril, 1923), onde deron a coñecer poemas e narracións da súa autoría. Publicou os relatos “Recordos da campaña” e “Sanctus!”, amais do poema “Rianxo”, en El Ideal Gallego (14.11.1920). No volume Poesía e Prosa (1984) recóllense, entre outros, os poemarios Arumes de Beiramar, Caraveleira das horas sentidas: libro da cantiga descoñecida e Responsos líricos no día e na noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Dereito Mercantil en Donostia e València, profesor na Universidad Carlos III de Madrid, vicerrector das universidades de València e Santiago de Compostela, secretario e decano da facultade de Dereito de Santiago de Compostela e director do Instituto de Dereito Industrial na universidade compostelá. Pertence á Comisión de Investigación da Oficina Europea de Patentes e ao Comité de Denominacións de Orixe da UE en Bruxelas. Foi un dos fundadores do Clube Nacionalista Alén Nós, do que foi vicepresidente e presidente. Membro do Seminario de Estudos Galegos, presidiu a sección de Ciencias Xurídicas e foi membro do Consello da Cultura Galega (1984-1986) e da Xunta Electoral de Galicia (1985-1990). Pertence ao padroado do Museo do Pobo Galego e ás fundacións Antonio Fraguas, Castelao e Pedrón de Ouro. Dirixiu as revistas Actas de Derecho Industrial e Cuadernos de Jurisprudencia sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha cota de mallas estendida, saíndo do costado destro un brazo armado que empuña unha lanza de prata, posta en pau punta arriba, surmontada a cota dunha celada de prata mirando á sinistra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Fundador da Obra Pía de San Antonio de Melide, foi xuíz ordinario da Santa Inquisición, cóengo maxistral de Astorga, bispo de Zamora, Cádiz, León e Cartagena e arcebispo de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Umia, en Santo André de Cesar (Caldas de Reis). De orixe medieval, atopábase no antigo camiño de Caldas de Reis a Moraña e Ponte Caldelas. Realizouse con cantaría e presenta un só van. Foi restaurada no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Republicano, participou na I Asamblea Federal Galega (1873). Foi alcalde da Coruña entre 1872 e 1873 e durante o seu goberno derrubáronse as murallas que rodeaban a Pescadería, polo que abriron novas vías de expansión na cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO