"Seijo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • GALICIA

    Avogado e político. Presidente do PP local de Cangas e vicepresidente do mesmo partido na comarca de Pontevedra, foi alcalde de Cangas entre 1991 e 1995, e representante popular no concello dende 1987 ata 1999. Entre 1990 e 1991 foi parlamentario popular e membro da comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego. Deputado provincial na Deputación de Pontevedra entre 1991 e 1996, formou parte da comisión de economía. Foi senador na VI lexislatura (1996-2000) e deputado no Congreso de los Diputados dende o ano 2000; forma parte das comisións de administracións públicas, de medio ambiente e do estudo do problema das drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Formadora da Aula de Teatro Universitario de Ourense (1992), creou e coordinou a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) desde 1996 e coorganizou o Congreso Internacional de Teatro (2005) en Ourense. Membro de Sarabela Teatro, participou en diversas montaxes, como Farsas (1977), A esmorga (1996), O lapis do carpinteiro (2000) e Rolda de caricias (2004), e tamén en Leoncio e Helena (1993), co Centro Dramático Galego. Interveu nas series de televisión Pratos Combinados (1996, 2000 e 2001), A familia Pita (1996-1997), Terras de Miranda (2001, 2003 e 2004) e Los Serrano (2004). Recibiu o premio á mellor actriz secundaria (1995) por Cama (1994) e o Premio María Casares á mellor actriz protagonista (2002) por Sexismunda (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e mestre. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e na Real Academia de San Fernando de Madrid. Fundou a Asociación de Artistas (1934) e cofundou o Museo Provincial de Belas Artes da Coruña, que dirixiu ata a súa morte. Destacou como paisaxista, con pinturas de carácter rexionalista como O cruceiro ; (1920), A marisma (1926), Solpor na ría da Pasaxe ; (1932) ou Praza da Leña (1945), en que predominaba o pintoresco cun certo ton romántico. Manifestou interese pola figura humana e tamén polas festas e tradicións típicas de Galicia (Romeiros de Santo Andrés de Teixido, 1919). Desenvolveu a pincelada con moita pasta e un cromatismo forte e quente. Cultivou o óleo como en O cego de Santa Mariña (1928), o tríptico O porto (1925) ou Xardín de San Carlos, que evidenciaban o seu grande interese pola pintura impresionista. Tamén traballou o pastel (Xardín, 1925), a acuarela (Praia do Parrote,...

    VER O DETALLE DO TERMO