"Servando" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • GALICIA

    Avogado e político. Tras ingresar na carreira xudicial, foi trasladado a Madrid en 1870 para instruír a causa polo asasinato do xeneral Prim. Na lexislatura 1873-1874 foi deputado polo distrito de Lalín. Na Restauración foi depurado, acusado de exercer como deputado no período republicano, pero máis tarde, ofrecéuselle a presidencia da Audiencia de Filipinas. De volta en España, foi nomeado presidente da Real Audiencia de Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr galego. Non se teñen datos documentais sobre el, pero, a xulgar pola súa colocación nos cancioneiros e por elementos internos da súa obra, debeu estar activo a mediados ou no terceiro cuarto do s XIII. Posiblemente visitou tamén a corte de Afonso X. O topos “san Servando”, repetido nas súas cantigas de amigo, talvez faga referencia á capela de San Servando de Pazos, situada na parroquia de Barxés (Muíños) ou en Becerreá. Consérvanse 23 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, que se caracterizan pola variedade de estruturas estróficas e de rima: 17 cantigas de amigo (6 de romaría), 2 cantigas de amor e 4 escarnios sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Dominicano e doutor en Teoloxía, secularizouse en 1802 e foi un independentista mexicano. Foi autor de Cartas de un americano al español (1811-1812) e Historia de la revolución de Nueva España (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino cristián-romano que provén do latín Servandus, de servāre ‘que ha de ser gardado, que se ha de conservar’, que nun principio era un alcume de escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (ss III-IV) Mártir. Leigo de Osuna, sufriu martirio con san Xermán en tempos de Diocleciano e morreu decapitado. Represéntase con traxe segrar ou de soldado romano, como soldado de Xesús Cristo, con cadeas suxeitas aos pés como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 28 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO